Celebramos os maios en Educación Infantil e en 1º e 2º da ESO. Dinamizou esta actividade Branca Villares.
Celebramos os maios en Educación Infantil e en 1º e 2º da ESO. Dinamizou esta actividade Branca Villares.
Festexamos as letras galegas regueifando, tocando e bailando, arredor da figura da autora homenaxeada neste curso, Luísa Villalta. Para dirixir esta celebración contamos coa axuda inestimable de Nuria Penas e Sara Marchena, da asociación Erre que erre. Recuncho da regueifa rabuda.
Tamén celebramos un festival que fixo as delicias das alí presentes.
|
|
Visitamos a residencia San Vitorio para aprender dos nosos maiores sobre os usos medicinais das plantas.
Máis información no ficheiro adxunto.
Esta semana fixemos un curso acelerado de portugués. Cos nosos profes Miguel Moreira e Irene López Batalha empezamos a coñecer as diferenzas e semellanzas que hai entre o portugués e o galego e as vantaxes de termos dúas linguas tan próximas. Esta actividade estivo organizada pola Deputación de Lugo e a AGAL (Associaçóm Galega da Língua).
Para conmemorar esta data, o alumando de Primaria e Secundaria elaborou uns poemas que se colocaron no taboleiro do centro.
Posteriormente, con motivo do Día da Poesía, o 21 de marzo, ese alumnado levou a cabo un recital deses poemas no equipo de radio do centro, Ponte nas Ondas. Facendo click neste ENLACE podes escoitalo.
O 22 de maio o alumnado de 1º e 2º de ESO visitou a Casa Museo de Rosalía, en Padrón e o Museo do Pobo Galego.
Branca Villares acudiu ao centro para celebrar o Día da Muller. Para isto, o alumnado levou a cabo a actividade Rap-Trap-Troupe, que consistiu na elaboración de composicións propias partindo de métrica da música tradicional (coplas, cuartetas,...).
O 23 de febreiro, o alumnado de Primaria e Secundaria participou nunha actividade que consistiu na elaboración de poemas propios. O alumnado de Primaria tomou como base vocabulario de Cantares Gallegos e o de Secundaria partiu das coplas populares coas que a autora comeza a maior parte das composicións que integran o devandito libro.
O 21 de febreiro visitounos Ana Carreira para facer un contacontos con Infantil e Primaria.
No mes de xaneiro viñeron visitarnos residentes de San Vitorio para falarnos das diferentes tradicións relacionadas co solsticio de inverno, isto é, co Nadal e co Entroido. Este intercambio interxeracional foi moi satisfactorio para ambas partes.
Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |