Este é o primeiro proxecto documental traballado. Foi no curso 2005-06. Estabamos a pór en marcha o proxecto de biblioteca, e foi, precisamente, neste curso cando obtivemos o recoñecemento do MEC no Concurso nacional de proyectos e ideas para la mejora e innovación de las bibliotecas de los centros escolares para el año 2005.
Este tema foi elexido para sensibilizar ao noso alumnado fronte ao fenómeno das migracións. Entre os nosos alumnos e alumnas hai inmigrantes e o noso foi un pobo historicamente emigrante.
A través do proxecto entenderemos mellor a cultura dos distintos pobos do mundo e achegarémonos especialmente á daqueles que nos son máis próximos.
Aquí tedes algúns dos traballos feitos neste proxecto documental: