O venres 10 de maio fomos a Foz para aprender a navegar en Kayak e facer surf cos monitores de Maremasma. Esta actividade desenvolveuse ao abeiro do proxecto EDUSaúde e neste vídeo podedes ver o que fixemos:
EDUSaúde
Excursión á Serra do Courel
O alumnado de 6º de primaria e de 1º da ESO foi á Serra do Caurel para facer unha ruta de sendeirismo organizada pola área de Educación Física dentro do proxecto EDUSaúde.
Roteiro
O alumnado de 4º, 5º de Primaria e 1º ESO fixo un roteiro co biólogo Marcos Reinoso pola contorna do centro para identificar plantas e coñecer os seus usos.
Obradoiro de primeiros auxilios
Estes días aprendemos como actuar nunha emerxencia grazas a María Candelaria Fraga, enfermeira de familia comunitaria, que impartiu un taller de primeiros auxilios de forma desinteresada no noso colexio. O alumnado de 5º de Primaria e 1º da ESO fixo prácticas de:
- posición lateral de seguridade,
- manobra de Heimlich,
- RCP (reanimación cardio pulmonar).
Coñecemos os fungos
Coñecemos o sorprendente mundo dos fungos da man de Julián Alonso Díaz, presidente da Sociedade Micolóxica Lucus.
Primeiro asistimos a unha conferencia.
E despois fixemos un roteiro para observar fungos na nosa contorna.