Ciencias

EXPOSICIÓN SOBRE PLANTAS EXÓTICAS INVASORAS.

A asociación ambiental AMABUL veu esta semana ao noso colexio para dar a coñecer o problema das plantas exóticas invasoras mediante unha exposición. Os paneis desta exposición estarán toda a semana no corredor principal do centro e tamén nos prestaron recursos didácticos (libros, xogos e puzles) sobre este tema.



CONCURSO DE CARTEIS PARA PROMOVER A DOAZÓN DE E ÓRGANOS E SANGUE

Carteis elaborados polo alumnado de 3º ESO para o concurso convocado pola AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE.

Preme AQUÍ para velos.

 

Obradoiro de micoloxía

Julián Alonso, doutor en Ciencias Biolóxicas e presidente da Sociedade Micolóxica Lucus, impartiu unha charla sobre fungos a 1º da ESO e 3º e 4º de Primaria. Explicoulles as características dos fungos, como diferencialos, a súa importancia nos ecosistemas,... Logo fixeron unha saída pola contorna do centro para buscar fungos e identificalos.

Taller de apicultura

Taller de apicultura impartido por Nicolás Taracido, técnico de Medio Ambiente e fundador en Pontevedra de Apípolis, a cidade das abellas.

O  alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria puido coñecer o mundo das abellas, a súa organización, anécdotas e a súa importancia dentro dos ecosistemas. Na parte final degustaron os produtos que fabrican as abellas e elaboraron velas.

Obradoiro de insectos tropicais

O biólogo Miguel Santamaría impartiu este taller ao alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria. Explicounos as características biolóxicas destes insectos e puidemos interactuar con eles.

 

  

  

Taller de Apicultura

O educador ambiental Nicolás Taracido impartiu un taller de apicultura a todos os cursos de Educación Infantil e 1º, 2º e 3º de Educación Primaria.

 

 


 

 

Taller de insectos

O biólogo Miguel Santamaría impartiu un taller sobre insectos aos cursos de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria e 1º da ESO.

 


 


 

 

EXCURSIÓN Á SERRA DO COUREL

O alumnado de 2º de ESO realizou, o pasado 30 de outubro, unha ruta de sendeirismo na Serra do Courel, aproveitando tamén para levar a cabo as actividades organizadas polo seu profesor de Ciencias Naturais.


Powered by Drupal - Design by artinet