Día da lingua materna (21/02)

11 de marzo: Paula Carballeira

Para conmemorar o Día da Lingua Materna (21 de febreiro) convidamos a vir ao centro á escritora e contacontos PAULA CARBALLEIRA. Licenciada en Filoloxía Hispánica, traballa desde 1994 como narradora oral, tendo participado en programacións culturais en diversos lugares do estado español, así como en Portugal, Brasil e Chile. É membro do grupo de teatro Berrobambán e tamén traballa como actriz en series de ficción da TVG.

Como escritora ten publicado varios libros de poesía e de literatura infantil.

O alumnado de Infantil e Primaria pasouno en grande coas historias que lle contou a nosa convidada, sen dúbida todo un referente como narradora oral.

Cartaz Paula Carballeira

DÍA DA LINGUA MATERNA

Aquí temos as propostas do equipo para a celebración do Día da lingua materna:

http://arredordemanuelmaria.blogspot.com.es/p/dia-da-lingua-materna-21-02.html

 

O Día Internacional da Lingua Materna foi establecido pola UNESCO en 1999 e conmemorado por primeira vez no ano 2000; con esta celebración a UNESCO quere chamar a atención sobre a importancia da diversidade lingüística e animar a transmitir e promover as linguas autóctonas, empregándoas na alfabetización das novas xeracións.
Na rede atopamos carteis coma estes:

A nosa proposta é que deseñedes un cartel para conmemorar este día, que conteña algunha referencia a Manuel María (na súa obra atoparás moitas referencias á lingua materna).
Subídeos á pestana correspondente ou enviádeos a bepeal1@gmail.com
Grazas! 

O grupo de 3º de ESO xa achegou a súa colaboración, que está na pestana de 3º/4º de ESO.
Moitas grazas!

Powered by Drupal - Design by artinet