AS 360 CURVAS DA FONSAGRADA

O pasado 21 de novembro o alumnado de 3º e 4º da ESO puido coñecer da man dos creadores do documental 360 Curvas da Fonsagrada, Alejandro Gándara, Aridana Silva, Adrián Méndez e Manuel Lucas, os pasos a realizar nun proxecto artístico audiovisual, neste caso o proceso de creación dun  documental que mixtura pasado e presente, no que se relatan as protestas que nos anos 90 sacudiron as terras de Burón para esixir o mantemento dos servizos na comarca da Fonsagrada, actos de resitencia cívica que os creadores fan dialogar co momento actual.

O documental está nestes momentos en fase de producción, e durante a charla compartiron co alumnado a evolución que se foi producindo dende unha idea inicial, xurdida a raíz das imaxes de arquivo do fotógrafo fonsagradino Manuel Fernández, ata pasar polas diferentes fases de preproducción, documentación audiovisual, entrevistas á veciñanza, guión, ata chegar ás finais de edición e montaxe.

360 curvas chegará á pantalla o próximo verán, e o alumnado poderá desfrutar do resultado final, sendo coñecedores de todas as fases dunha producción orixinal e próxima á súa realidade rural.

 

Powered by Drupal - Design by artinet