O pasado mécores tivo lugar a primeira sesión da escola de nais e pais Barallando Xunt@s deste curso. Recibimos información e consellos moi importantes sobre a promoción do uso responsable do móbil en familia, da man de Lorena e María de Alar Galicia.
Tal e como vos prometemos na sesión déixovos aquí uns interesantes enlaces sobre ferramentas para o control parental:
- Ferramentas para o control parental (INCIBE) Instituto Nacional de Ciberseguridade: guía, apps para redes sociais, control parental, bloqueo de compras en línea, límites de uso de tempo.
- Family Link: app de Google que permite coñecer cánto tempo se emprega o dispositivo, configuración da privacidade, ubicación...
Vémonos na vindeira xuntanza cara finais do mes de novembro cunha actividade en familia (pais/nais e fillas/os) da que máis adiante vos daremos detalle.