O alumnado de 3º e 4º de ESO recibiu este luns unha charla sobre Imaxe Corporal e Autoestima a cargo de Xose Mosteiro, traballador social do centro Quérote + de Lugo, con quen puideron abordar diferentes aspectos claves do desenvolvemento socioafectivo na adolescencia: a importancia da autoaceptación da propia imaxe, a diversidade corporal, a necesidade do fomento da autoestima, ou cómo desenvolver o sentido crítico ante os valores estéticos imperantes.
Os centros Quérote dispoñen dun servizo gratuito e anónimo no que poderás consultar mediante Whatsapp tódalas dúbidas que teñas en relación á sexualidade, a afectividade, ou problemáticas relacionadas coa conduta alimentaria ou e as adicións.
Escanea o seguinte código QR e garda o contacto no teu móbil para consultar cando o precises.
A charla forma parte do programa de orientación O mundo que queremos, no que se traballa co alumando da ESO temáticas de interese social e de actualidade.
(Imaxe do Centro Quérote + en Lugo)