Aproveitamos os textos de Anaír Rodríguez e as ilustracións de Abi Castillo do segundo volume de PIONEIRAS. GALEGAS QUE ABRIRON CAMIÑO, da Editorial Xerais, para poñer en valor o traballo de mulleres valentes e decididas, que se atreveron a desafiar as normas establecidas na sociedade galega na que vivían e acadar grandes logros que fixeron maís doado o camiño as que viñemos detrás.
A través do taboleiro do EDLG demos a coñecer á comunidade educativa a María Cardarelly (primeira fotógrafa con estudo propio), a Manuela Barreiro Pico (primeira licenciada galega), a Joaquina García (inventora dos primeiros traxes de auga), María Barbeito (pioneira da renovación pedagóxica), Concepción Pérez Iglesias (prmeira alcaldesa), a María Mariño (primeira actriz en escenarios americanos) a Elisa Patiño (primeira aeronauta), a Ángela Ruíz Robles (autora do primeiro prototipo de libro electrónico), a Antonia Ferrín (primeira astrónoma), a Antonia Sanjurjo (precursora do hockey sobre herba) e a Rita F. Queimadelos (primeira arquitecta galega).