SE TE LÍAN NON TE LÍES

Esta semana o alumando de 1º e 2º da ESO comezou cos talleres de Atención Integral á prevención do tabaquismo nos adolescentes "Se te lían non te líes" da REGAPS (Rede Galega de Promoción da Saúde) impartidos pola enfermeira e emfermeiros da especialidade en familia comunitaria Candela Fraga e Manuel González, a residente de enfermería da mesma especialidade Sandra García e a psiquiatra do centro de drogodependencias de Lugo Gabriela Kleps

 

O obxectivo do programa é concienciar á rapazada da problemática do tabaquismo e doutras adiccións, e empoderalos para a toma de decisión axeitadas.

Nesta  primeira sesión, das 5 que se realizarán ao longo do curso, aproximouse ao alumnado aos mitos e conceptos erróneos interiorizados pola sociedade sobre as drogas, en especial tabaco e cannabis, e a través dun obradoiro participativo elaboraron slogans subliminais incitadores ao consumo coa finalidade de tomar conciencia sobre a influencia subliminal á que están de xeito cotiá sometidos.

Na próxima sesión abordarase a toma de decisións e a presión grupal a través de gafas de realidade virtual, co programa da Xunta de Galicia "Sanidade Mediaverso" e a aplicación "Nas túas mans"

Powered by Drupal - Design by artinet