Aberto o prazo para solicitude de becas ao alumnado con necesidades educativas especiais.
O prazo finaliza o 30 de setembro do 2022
Se tes algunha dúbida ponte en contacto co servizo de Orientación
Aberto o prazo para solicitude de becas ao alumnado con necesidades educativas especiais.
O prazo finaliza o 30 de setembro do 2022
Se tes algunha dúbida ponte en contacto co servizo de Orientación
MATERIAS NA ESO CURSO 2022-23
TEST DE ORIENTACIÓN VOCACIONAL
Realizar algún test de orientación vocacional pode axudarte na toma de decisións sobre o teu futuro académico e profesional. No primeiro panel atoparás test xerais para axudarte a escoller materias e ramas de coñecemento en BAC. O segundo panel é específico para escoller grado de FP
Se o que precisas é escoller FP:
CARTEL SELECIONADO EN 1º ESO
CARTEL SELECCIONADO EN 2º DE ESO
Estes son os carteis realizados para a campaña de contrapublicidade
O alumnado de 1º de ESO elaborando as súas campañas de contrapublicidade
O alumnado de 2º da ESO comeza a elaboración dos carteis para o concurso do programa Apúntome a non beber.
O proceso de sexuación é un proceso a través do cal nos imos convertendo en mulleres e homes diversos mais aló dos feitos biolóxicos.
Cómpre polo tanto achegar a visión da sexualidade no alumnado e favorecer actitudes e condutas saudables e respetuosas. Con esta finalidade o grupo de terceiro veu o video "A Ecuación do sexo" co seu titor, tralo que tiveron un pequeno debate de reflexión, antes de realizar as actividades de Redefinción de conceptos erróneos sobre a sexualidade.
O alumnado de 3º da ESO coñeceu da man do seu titor os obxectivos, contidos e finalidade do Programa Quérote + que desenvolverán ao longo de todo o curso.
As actividades terán un tratamento transversal, tanto a través das horas de titoría como de materias como Bioloxía e Tecnoloxía, dende as que se abordará a influencia das redes sociais na construcción da identidade sexual e prevención de enfermidades de transmisión sexual.
A súa finalidade é que mozos e mozas aprendan a coñecerse, a aceptarse e a vivir a súa ssexualidade dun xeito positivo e satisfactorio.
Familias, velaí tedes unha presentación do Programa.
Ao rematar o curso, o alumando amosará o aprendido ao alumnado de 2º de ESO, xa que na adolescencia o grupo de iguais con maior idade, adoitan ter unha maior influencia no espazo de relación, polo que se converten, moitas veces, en referentes e exemplos dos que gostan seguir.
Aquí tedes un enlace con máis información sobre este programa pertencente ao Plan Proxecta
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |