Alumando de 3º da ESO continuou estas semanas a traballar no programa Quérote +.
Desta volta abordaron xunto co profesor de lingua castelá Santiago López Crespo nas clases de Valores Éticos, as problemáticas e contradicións nas que deriva o mito do amor romántico.
Primeiro visionaron a película Te doy mis ojos de Icíar Bollaín, onde a protagonista ten dificultades para saír dun matrimonio anclado nunha relación tóxica que deriva en violencia de xénero.
Logo achegáronse aos efectos do maltrato e das condutas de control e violencia a través dos ollos de Julien, o neno protagonista da película Custodia Compartida, do francés Xavier Legrand, na que o medo do menor é instrumentalizado para facer máis dano e, o emprego sutil da violencia psicolóxica constrúe unha tensión intrafamiliar que leva ao peor.
Finalmente viron a serie de 5 curtametraxes “Encuentra el Verdadero Amor” creados pola Asociaciación de Mujeres Cineastas y de Medios Audiovisuales, que permite traballar os sinais de advertencia ante o maltrato que se dan na adolescencia e na xuventude.
Tras deliberar na clase sobre as mensaxes transmitidas por cada un dos filmes, cubriron un pequeno cuestionario co obxectivo de detectar condutas de alarma, sinais de advertencia de estar ante unha relación tóxica que pode conducir á violencia psicolóxica ou física.
Ao tempo, nas clases de tecnoloxía coa profesora Lola Corbeira, abordaron que é o sexting e o grooming, e as problemáticas que deles se derivan así como as razóns polas que é preciso evitalos e estar advertidos das súas consecuencias.