Taboleiro
O BUZÓN DE CORREOS SERVE PARA ALGO MÁIS...
Xa tiñamos cegoñas, peixes... pero agora mirade os pardais que naceron no buzón do colexio:
DÍAS NON LECTIVOS
Próximos días non lectivos (2013-14):
- 31 de outubro: Día do Ensino
- 1 de novembro: festivo
- 4 de novembro: día solicitado polo centro (aprobado en Claustro e Consello Escolar).
NOTAS DOS EXAMES DE SETEMBRO
As notas dos exames de setembro entregaranse o venres, día 6 de setembro, ás 12.00.
ADMINISIÓN DE ALUMNADO NO CURSO 2013-14
Na páxina da Xunta aparece publicado o Proxecto da Orde pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado, que indica os prazos que rexirán para reservar praza e matricularse.
Para ver o Proxecto da Orde, pódese pinchar aquí.
No arquivo adxunto pódense consultar os prazos (para o curso 2013-14).
NOVA SUSPENSIÓN DE CLASES
A Consellería acaba de anunciar, para o mércores, 23 de xaneiro, a suspensión da actividade docente e do transporte escolar nos centros escolares situados nas zonas de montaña de Lugo e de Ourense, entre os que se atopa este centro.
SUSPENSIÓN DAS CLASES
Mañá, día 22 de xaneiro de 2013, suspéndense as actividades docentes e o servizo de transporte por previsión de fenómeno meteorolóxico adverso.
CONSELLO ESCOLAR 2012
- O prazo de presentación de candidaturas será desde o día 13 ó 20 de novembro ata as 17.15 (ambos incluídos). Poderase solicitar o modelo de presentación de candidaturas na Secretaría do centro, e entregarase no mesmo lugar.
- O xoves, 29 de novembro, na biblioteca, terán lugar as votacións para a representación de alumnado, persoal de administración e servizos, pais/nais/titores,-as legais, no seguinte horario:
a) Persoal de administración e servizos: de 12.00 a 12.30
b) Alumnado: de 12.45 a 13.45
c) Pais/nais/titores,-as legais: de 17.30 a 20.30
- O sorteo dos membros das mesas electorais celebrarase, na biblioteca, o xoves, 22 de novembro, ás 15.20 horas.
Programacións de 1º e 2º da ESO (2023-24)
Achéganse as programacións deste curso 2023-24 nos ficheiros adxuntos.