- O prazo de presentación de candidaturas será desde o día 13 ó 20 de novembro ata as 17.15 (ambos incluídos). Poderase solicitar o modelo de presentación de candidaturas na Secretaría do centro, e entregarase no mesmo lugar.
- O xoves, 29 de novembro, na biblioteca, terán lugar as votacións para a representación de alumnado, persoal de administración e servizos, pais/nais/titores,-as legais, no seguinte horario:
a) Persoal de administración e servizos: de 12.00 a 12.30
b) Alumnado: de 12.45 a 13.45
c) Pais/nais/titores,-as legais: de 17.30 a 20.30
- O sorteo dos membros das mesas electorais celebrarase, na biblioteca, o xoves, 22 de novembro, ás 15.20 horas.