NOTAS DOS EXAMES DE SETEMBRO

As notas dos exames de setembro entregaranse o venres, día 6 de setembro, ás 12.00.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2013-14

Pódense consultar os libros de texto correspondentes ó curso 2013-14 no arquivo adxunto.

PERSOAL COLABORADOR DO COMEDOR 2013-14

Ábrese o prazo de admisión de solicitudes para actuar como colaboradores/as voluntarios/as nas tarefas de atención e apoio ó alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2013-14.

Poden presentar as solicitudes na Secretaría do centro.

 

INSTRUCIÓNS SOBRE O FUNCIONAMENTO DE COMEDOR

Segundo as instrucións ditadas pola Consellería sobre o funcionamento dos comedores escolares, as familias que desexen que os seus fillos/as poidan usar o servizo de comedor durante o curso 2013-14, deben presentar, no centro, unha solicitude.

Lémbrase que o vindeiro curso, o servizo de comedor non estará vinculado ó servizo de transporte, polo que o feito de que un alumno/a sexa usuario do transporte non garantiza que teña dereito á gratuidade no servizo de comedor, senón que só terá este dereito o alumnado que se atope nalgunha das seguintes situacións:

-         Que pertenza a unidades familiares que se atopen en situación socioeconómica de exclusión social certificada polos servizos sociais autonómicos ou municipais corrrespondentes.

-         Que se atope en situación de acollemento residencial ou familiar.

-         Que teña un grao de discapacidade declarado igual ou superior ó 33%.

-         Que pertenza a unidades familiares vítimas de terrorismo ou de violencia de xénero acreditada documentalmente.

-         Que pertenza a unidades familiares cunha renda familiar anual neta per cápita inferior a 7000€

De non cumprirse ningún destes requisitos, as familias deberán pagar as cantidades de 1€, 2.50€ ou 4.50€ por día no que se use o comedor, dependendo da declaración da renda (o centro fará chegar ás familias un modelo de autodeclaración en canto se aprobe o Decreto que regulará os comedores escolares).




Instrución 1/2013 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, do 14 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2013-14.

EXCURSIÓN DE 2º DE ESO

O pasado 6 de xuño, o alumnado de 2º de ESO, acompañado pola súa titora e outra profesora do centro, viaxaron á Coruña, onde visitaron o Acuario e o Museo Científico, ademais doutros lugares da cidade.

CLUB DE LECTURA

O alumnado de 3º de ESO, curso que formou parte do club de lectura, visitou varias localidades costeiras durante os días 29 e 30 de maio. Excursión na que estiveron acompañados pola súa titora e polo encargado do club de lectura.

Clicando na imaxe tedes unha presentación desa viaxe:

EXCURSIÓN DE 4º DE ESO

O alumnado de 4º de ESO, acompañado por dúas profesoras do centro, realizaron unha viaxe de fin de curso, na que visitaron Cádiz, Xerez, Sevila e Salamanca.

LETRAS GALEGAS: FESTIVAL

Imaxes do festival das Letras Galegas, dedicado a Roberto Vidal Bolaño:

LETRAS GALEGAS: EXPOSICIÓNS

A coordinadora do EDNLG do centro preparounos unha exposición con motivo da celebración das Letras Galegas. Esta é unha mostra:

LETRAS GALEGAS: CONCURSO

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, o ENDLG do centro convocou un concurso de debuxo (para Educación Infantil) e de poesía ou relato curto (para EP e ESO). Aquí deixamos algúns dos debuxos:

Powered by Drupal - Design by artinet