INSTRUCIÓNS SOBRE O FUNCIONAMENTO DE COMEDOR

Segundo as instrucións ditadas pola Consellería sobre o funcionamento dos comedores escolares, as familias que desexen que os seus fillos/as poidan usar o servizo de comedor durante o curso 2013-14, deben presentar, no centro, unha solicitude.

Lémbrase que o vindeiro curso, o servizo de comedor non estará vinculado ó servizo de transporte, polo que o feito de que un alumno/a sexa usuario do transporte non garantiza que teña dereito á gratuidade no servizo de comedor, senón que só terá este dereito o alumnado que se atope nalgunha das seguintes situacións:

-         Que pertenza a unidades familiares que se atopen en situación socioeconómica de exclusión social certificada polos servizos sociais autonómicos ou municipais corrrespondentes.

-         Que se atope en situación de acollemento residencial ou familiar.

-         Que teña un grao de discapacidade declarado igual ou superior ó 33%.

-         Que pertenza a unidades familiares vítimas de terrorismo ou de violencia de xénero acreditada documentalmente.

-         Que pertenza a unidades familiares cunha renda familiar anual neta per cápita inferior a 7000€

De non cumprirse ningún destes requisitos, as familias deberán pagar as cantidades de 1€, 2.50€ ou 4.50€ por día no que se use o comedor, dependendo da declaración da renda (o centro fará chegar ás familias un modelo de autodeclaración en canto se aprobe o Decreto que regulará os comedores escolares).




Instrución 1/2013 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, do 14 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2013-14.

Powered by Drupal - Design by artinet