PLAN DIRECTOR

Ó abeiro do Plan Director, o xoves, 30 de maio, un membro da garda civil impartirá unha charla para pais/nais sobre os riscos de Internet, dita charla terá lugar ás 16.25 na aula de audiovisuais do centro.

PARTICIPACIÓN NO CORRELINGUA

O 3 de maio, o alumnado de 2º ciclo de Educación Primaria, e mais o seu titor, trasladáronse a Lugo para participar no Correlingua 2013.

VISITA A MARCELLE

O pasado día 23 de abril, o alumnado do 1º ciclo de EP, acompañado polas súas profesoras, visitaron Marcelle. Aquí deixamos algunhas fotos:

CONCERTO DIDÁCTICO

O luns 15 de abril os alumnos e alumnas de música de 3º e 4º de ESO asistiron a un concerto didáctico no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, levado a cabo por membros do grupo vocal “Solo Voces” de Lugo, onde se escoitaron desde polifonías renacentistas ata versións vocais de clásicos do soul como Stand by me, pasando por cantos tradicionais africanos e folklore galego. Un concerto cunha gran variedade de tipos de músicas que serviron ó director do grupo para explicar de forma moi amena e divertida a evolución das texturas e as formas musicais ó longo da historia, así como outros conceptos que se traballan na aula.


 

PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS

Os días 18 e 20 de marzo, o alumnado do centro puido asistir a unha charla sobre prevención de incendios impartida por persoal do servizo de forestais de Becerreá.

Dende aquí, dámoslles as grazas.

PUBLICADO O NOVO DECRETO DE ADMISIÓN

Para o curso escolar 2013/2014 os prazos previstos para a tramitación dos procedementos de admisión e de matriculación do alumnado, son os seguintes:

 

1. Reserva de praza no centro de adscrición: 18 - 22 de marzo.

2. Data do sorteo público a efectos de desempate: antes do 2 de abril.

3. Publicación de postos escolares vacantes: 4 de abril.

4. Presentación da solicitude de admisión: 5 - 17 de abril.

5. Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 22 de abril – 3 de maio.

6. Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos: até 10 de maio.

7. Publicación das listaxes definitivas de admitidos e non admitidos: antes do 31 de maio.

8. Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: 20 - 30 de xuño.

9. Formalización da matrícula en ESO e bacharelato: 25 de xuño - 10 de xullo.

10. Prazo extraordinario de formalización de matrícula ESO e bacharelato: 1 - 10 de

VISITA Á OLERÍA DE BONXE

O alumnado do 1º ciclo de Educación Primaria visitou, o día 5 de febreiro, a olería de Bonxe, onde fixeron unhas tartarugas de barro. Aquí deixamos algunhas fotos:

ADMINISIÓN DE ALUMNADO NO CURSO 2013-14

Na páxina da Xunta aparece publicado o Proxecto da Orde pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado, que indica os prazos que rexirán para reservar praza e matricularse.

Para ver o Proxecto da Orde, pódese pinchar aquí.

No arquivo adxunto pódense consultar os prazos (para o curso 2013-14).

Powered by Drupal - Design by artinet