LETRAS GALEGAS

O 16 de maio, celebramos o festival das Letras Galegas, no que participou o alumnado do centro.

RISCOS DE INTERNET

O xoves, 8 de maio, ás 15.00 horas, terá lugar o cuarto seminario dirixido a pais e nais, no que se abordará a temática dos riscos no uso de Internet.

Ramón Peña, membro da Garda Civil, será quen se encargue de impartir a charla e responder as dúbidas que teñan ó respecto.

NOVA CHARLA DIRIXIDA ÁS FAMILIAS

O próximo luns, 28 de abril, ás 15.00 horas, no CPI Luís Díaz Moreno, terá lugar o terceiro seminario dirixido a pais e nais, no que se abordará a temática de drogas e alcohol.

Ramón Peña, membro da Garda Civil, será quen se encargue de impartir esta charla, na que se poderán consultar as dúbidas e inquedanzas que xurdan.

 

O BUZÓN DE CORREOS SERVE PARA ALGO MÁIS...

Xa tiñamos cegoñas, peixes... pero agora mirade os pardais que naceron no buzón do colexio:

EXCURSIÓN 4º ESO

O alumnado de 4º de ESO realizou unha viaxe de fin de curso a Tenerife, acompañados por dúas das súas profesoras. Aquí deixamos algunha imaxe:

 

DÍA DA ÁRBORE

Para conmemorar o Día da Árbore, o alumnado de Educación Infantil plantou un loureiro no centro:

CONVERSAS DE SEXUALIDADE CON PAIS E NAIS

O luns, 31 de marzo, ás 15.00 horas, terá lugar o segundo seminario dirixido a pais e nais, no que se abordará a temática de sexualidade.

Nesta ocasión, será Xosé Manuel Mosteiro, traballador social e sexólogo do centro de asesoramento afectivo-sexual "Quérote" de Lugo, quen se encargue de impartir a charla: "Conversas de sexualidade con pais e nais".

Ó igual que no primeiro seminario, vostedes poderán consultar as dúbidas e inquedanzas que teñan ó respecto.

VISITA ÓS CENTROS DO ENTORNO

O pasado xoves, día 6 de marzo, o alumnado de 4º de ESO, acompañado pola orientadora e pola titora, visitaron o IES de Becerreá e o centro de Alta Montaña:

ENTROIDO 2014

Aquí vos deixamos unha mostra do festival de Entroido:

ENTROIDO 2014

O venres, 28 de febreiro celebraremos a festa do Entroido no patio do centro, á que está convidada toda a comunidade educativa. Os desfiles comezarán ás 12.00 horas, e haberá premios para as mellores comparsas.

Lembramos que os días 3, 4 e 5 de marzo non haberá clase.

Powered by Drupal - Design by artinet