CHARLA-OBRADOIRO: TÉCNICAS DE ESTUDO E APRENDIZAXE

O luns, 24 de febreiro, ás 15.00 horas, terá lugar un primeiro seminario dirixido a pais e nais, no que se abordará a temática de "Técnicas de estudo e aprendizaxe".

Tratarase dunha charla-obradoiro impartida pola orientadora do centro, Noa Varela, onde as familias poderán consultar as dúbidas e inquedanzas que teñan ó respecto.

Esta charla será a primeira dunha serie na que se tratarán temas como "Seguridade en Internet", "Relacións cos fillos/as", "Consumo de drogas e alcohol"...

COMEZO DO PROA

Dende mediados de xaneiro, estanse a impartir as clases de apoio correspondentes ó programa de reforzo concedido (PROA).

Teñen lugar os martes, mércores e xoves, de 14.55 a 16.15, cun total de 14 alumnos/as do 2º e 3º ciclo de Educación Primaria. Estas clases son impartidas por tres docentes do centro.



FESTIVAL DE NADAL

O día 20 de decembro celebramos o Nadal, coa participación de alumnado, profesorado e familias. Temos tamén que agradecer a colaboración, como cada ano, da agrupación Airiños do Neira.

Aquí deixamos algunhas fotos:

FESTIVAL DE NADAL 2013

CPI LUÍS DÍAZ MORENO

 

 

COMEZARÁ ÁS 10:30h

EI 3 anos: Panxoliña “Aquí non é ben ruar”.

                        Baile dunha muiñeira.

EI 4-5 anos: Belén vivente.

                        Panxoliña: Aguinaldo.

KAMISHIBAI: “O Apalpador”

1º e 2º EP: Panxoliñas: “Los colores vamos al Portal”

                        “Xa me tardan estes magos”

2º EP: Christmas carol: “Round the Christmas tree”

5º EP: Panxoliña coa frauta: “La primera navidad”

            Poemas do nadal.

3º EP: Contos narrados.

4º EP: Panxoliña coa frauta e cantada “Jingle Bells”.

6º EP: Teatro “O boneco de neve que non tiña pés”

Actuación de Airiños do Neira

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro é o día consagrado polas Nacións Unidas á concienciación sobre a necesidade de pór fin á violencia contra mulleres e nenas de todo o mundo.

O alumnado de 4º de ESO propúxolle a súa titora facer uns lazos que repartirían entre todo o alumnado de Secundaria, ó tempo que lles explicarían o que representaban; finalmente, remataron o acto cun minuto de silencio polas vítimas da violencia de xénero.


HALLOWEEN NAS SECCIÓNS BILINGÜES

O alumnado de 1º de ESO, xunto coa súa profesora da sección bilingüe do PIN, elaboraron estas pantasmas de Halloween:

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO

O venres, 8 de novembro, celebramos o magosto no CPI Luís Díaz Moreno. Aquí deixamos algunhas fotos:

EXCURSIÓN Á SERRA DO COUREL

O alumnado de 2º de ESO realizou, o pasado 30 de outubro, unha ruta de sendeirismo na Serra do Courel, aproveitando tamén para levar a cabo as actividades organizadas polo seu profesor de Ciencias Naturais.


CONCURSO: A CASTAÑOLA MEIRANDE (2013-14)

II concurso

“A CASTAÑOLA”

OBXECTIVOS:  

- SENSIBILIZAR OS ALUMNOS/A DA IMPORTANCIA DA CASTAÑA NA      NOSA LOCALIDADE.

- EXALTAR ESTE PRODUCTO TÍPICO DO OUTONO E  DA ZONA.

- DESTACAR A INDICACION XEOGRÁFICA PROTEXIDA DA CASTAÑA DE GALICIA.

- PROMOVER A CREACIÓN DE NOVOS SOUTOS DESTINADOS A PRODUCIR CANTIDADES IMPORTANTES, ADAPTADAS AOS PRINCIPAIS USOS ACTUAIS

CONCURSANTES: TODOS OS CURSOS E PROFESORES@S.

PRAZO DE ENTREGA: 30 DE OUTUBRO.

BASES DO CONCURSO:  

-  CADA ALUMNO/A, PROFESOR@, TRAERÁ Ó COLEXIO A CASTAÑA MEIRANDE QUE ATOPE NO SEU SOUTO ( UNHA CASTAÑA).

XURADO E RESOLUCIÓN:

OS PROFESORES/AS E TITORES/AS DE CADA CURSO ELIXEN A CASTAÑA MEIRANDE NA SÚA CLASE.

O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA FARÁ UNHA EXPOSICIÓN NO CORREDOR CENTRAL DO CENTRO COAS CASTAÑAS MEIRANDES ( UNHA POR CURSO ).

AGASALLO??? A CASTAÑA MEIRANDE DE CADA CURSO, OU PROFESOR@, LEVARÁ UN AGASALLO SORPRESA, QUE SE ENTREGARÁ Ó ALUMNO/A, PROFESOR@ CORRESPONDENTE.

 

EQUIPO  DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA.

DÍAS NON LECTIVOS

Próximos días non lectivos (2013-14):

- 31 de outubro: Día do Ensino

- 1 de novembro: festivo

- 4 de novembro: día solicitado polo centro (aprobado en Claustro e Consello Escolar).

Powered by Drupal - Design by artinet