CHARLA-OBRADOIRO: TÉCNICAS DE ESTUDO E APRENDIZAXE

O luns, 24 de febreiro, ás 15.00 horas, terá lugar un primeiro seminario dirixido a pais e nais, no que se abordará a temática de "Técnicas de estudo e aprendizaxe".

Tratarase dunha charla-obradoiro impartida pola orientadora do centro, Noa Varela, onde as familias poderán consultar as dúbidas e inquedanzas que teñan ó respecto.

Esta charla será a primeira dunha serie na que se tratarán temas como "Seguridade en Internet", "Relacións cos fillos/as", "Consumo de drogas e alcohol"...

Powered by Drupal - Design by artinet