CONCURSO DE NADAL

 

CONCURSO POSTAIS DE NADAL

 

 OBXECTIVOS:

- FOMENTAR O USO DO GALEGO NAS ACTIVIDADES DESTAS FESTAS.

- APRECIAR A CREACIÓN ARTÍSTICA E COMPRENDER A LINGUAXE DAS DISTISTAS MANIFESTACIÓS ARTÍSTICAS UTILIZANDO DIVERSOS MEDIOS DE EXPRESIÓN E REPRESENTACIÓN.

O Equipo de Dinamización da Lingua galega, en colaboración co Departamento de Lingua Galega, convoca aos alumnos/as do Centro a participaren neste concurso que se rexerá polas seguintes bases:

BASES DO CONCURSO

1) As postais han ser debuxadas ou feitas a man, e nelas deberán figurar mensaxes referidas a estas datas (Nadal e Aninovo) escritas en lingua galega.

2) Valorarase a orixinalidade das mensaxes e do deseño.

3) O tamaño da postal será a metade do DIN A4.

4) Pódense entregar ao Coordinador do EDLG ou profesorado do Departamento de Galego, escribindo o nome e curso do autor/a na parte posterior da postal.

5) O xurado de resolución estará composto polo profesorado de Galego, membros do EDLG e Dirección do Centro.

6) Concederanse un agasallo os mellores traballos nas seguintes categorías:

E.I

E.P.(agasallo por ciclo).

E.S.O.

7) O prazo de presentación das postais remata o día 10 de decembro de 2012.

 

EQUIPO DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA.

Powered by Drupal - Design by artinet