2008-2009
UNHA CRÍA DE AVELAIONA
AIDA É UNHA ANTIGA ALUMNA DA ESCOLA DO CRUCEIRO.
CANDO A PASADA SEMANA REGRESABA A CASA DESPOIS DA ESCOLA ATOPOUSE DEBAIXO DUNHA PONTE DA AUTOVÍA, ENTRE AS PARROQUIAS DE ASADOS E LEIRO, A CRÍA DUNHA AVELAIONA. ERA TAN NOVIÑA QUE AÍNDA TIÑA O CORPO RECUBERTO DE PLUMÓN E NON ERA QUEN DE VOAR.
AS AVELAIONAS SON AVES NOCTURNAS DA FAMILIA DOS MOUCHOS E AS CURUXAS. EN CASTELÁN CHÁMANSELLE CÁRABOS E SON AS QUE ESCOITAMOS "LAIAR" POLAS NOITES ( U, U,UUU!).
AIDA FOI BUSCAR UN VECIÑO PARA QUE LLE AXUDARA A COLLER O POLIÑO DE AVELAIONA E Ó CHEGAR A CASA PEDIULLE A SÚA NAI QUE CHAMARA O 112.
XA COÑECEDES ESTE NÚMERO , VERDADE?. OS NOSOS AMIGOS DE PROTECCIÓN CIVIL LÉMBRANNOS TÓDOLOS ANOS QUE É O NÚMERO QUE HAI QUE MARCAR SE TEMOS ALGUNHA EMERXENCIA.
POIS BEN, SE ALGUNHA VEZ, COMO AIDA, ATOPADES ALGÚN ANIMAL QUE NON POIDA VALERSE NON DUBIDEDES EN MARCAR O 112. ELES POÑERANSE EN CONTACTO CO ORGANISMO QUE POIDA ASEGURAR A VIDA DO ANIMAL.
NESTE CASO VEU RECOLLER A AVELAIONA UN AXENTE DUN CENTRO DE RECUPERACIÓN DE AVES, E ASEGUROU QUE CANDO ESTIVESE CRIADA HABÍANA DE CEIBAR OUTRA VEZ ONDE FOI RECOLLIDA.
A CARACOLA QUE COLLEU O PAI DE CARLOTA
HAI UNS DÍAS CARLOTA TROUXO Á ESCOLA UNHA FERMOSA CARACOLA .
CARAMBA! MESMO PARECÍA QUE TIÑAMOS O MAR DENTRO DA AULA.
ESTIVEMOS PENSANDO CANTAS AVENTURAS PASARA ATA CHEGAR ATA NÓS DENDE TAN LONXE. MIRAMOS NO MAPA E VIMOS QUE O MAR DE FILIPINAS QUEDA MOI AFASTADO E PENSANDO PENSANDO FÓISENOS OCURRINDO UN CONTO QUE EXPICARA A SÚA PRESENCIA NA ESCOLA :
A CARACOLA QUE COLLEU O PAI DE CARLOTA
HABÍA UNHA VEZ UNHA CARACOLA QUE VIVÍA NO MAR DE FILIPINAS.
UN MAL DÍA APARECEU POR ALÍ UN POLBO QUE TIÑA MOITA FAME.
O POLBO ESTIROU UN TENTÁCULO, METEUNO NO BURATO DA CARACOLA E SACOUNA DA SÚA CASIÑA.
A CUNCHA ENCHEUSE DO SON DO MAR PORQUE ANDABA A BAMBEARSE NAS SÚAS ONDAS.
CANDO O POLBO ÍA LEVAR Á BOCA O BICHIÑO, PASOU POR ALÍ UN TIBURÓN, COLLEUNO E COMEUNO.
DESPOIS DUN TEMPO, O PAPÁ DE CARLOTA ACHEGOUSE A AQUEL LUGAR NUN BARCO CHAMADO "SOLITARIO" E COLLEU A CARACOLA CUN TRUEIRO.
GARDOUNA CON MOITO COIDADO NUNHA BOLSA E CANDO FOI DE VOLTA PARA CASA DEULLA Á NAI DE CARLOTA E A NAI PÚXOA NA MESA DA SALA.
DESDE ENTÓN, NA SALA DE CARLOTA, CANDO ESTÁ EN SILENCIO, ESCÓITASE O MAR DE FILIPINAS.
AUTORES E AUTORAS: CARLOTA, ANXO, PEDRO, JORGE, UXÍA, AITANA, ELENA, ÍKER E MARÍA
UN TÍTULO CUN DESEÑO MOI ARTÍSTICO | A INTERPRETACIÓN DE ANXO DA CARACOLA |
ASÍ VÍA AITANA A CARACOLA NO MAR | UN ENCONTRO DESAFORTUNADO |
"A CASA MODERNA" QUE FIXO ELENA CO BICHIÑO DENTRO |
O TIBURÓN DE JORGE QUE ÍA COMER Á CARACOLA |
O TIBURÓN COLLEULLE O BICHO AO POLBO CANDO O ÍA METER NA BOCA |
O BARCO DO PAPÁ DE CARLOTA SEGÚN UXÍA |
O PAPÁ DE CARLOTA NO SEU BARCO COLLENDO Á CARACOLA CUN TRUEIRO SEGÚN ANXO |
CARLOTA IMAXINA ASÍ A CARACOLA BAM- BEÁNDOSE NAS ONDAS DO MAR |
|
|
A CARACOLA BAMBEÁNDOSE NAS ONDAS DO MAR E ENCHÉNDOSE DO SEU SON SEGÚN ANXO. |
A CARACOLA NA MESA DA SALDA DE CARLOTA. SE ESTAMOS CALADIÑ@S ESCOITAREMOS O SON DO MAR |
ESCOLA DE CUVIDE XUÑO DE 2.006
O día 4 de xuño, Tobías veu á escola e axudounos a escanear os debuxos que fixemos do conto da Caracola de Carlota. Gustóunos moito o conto, os debuxos que fixemos e tamén escanear os debuxos.
A lenda da fonte do Mouro
SON ÁNGEL E A HISTORIA QUE SE NARRA DE SEGUIDO CONTARONMA OS MEUS TÍOS QUE VIVEN POR ALÍ.
***
NUN LUGAR AGOCHADO DA PARROQUIA DE ASADOS, EN VILANUSTRE,
ESTÁ A FONTE DO MOURO.
É UN LUGAR MOI FERMOSO E DIN QUE ENCANTADO
(ou polo menos así era para os que eran rapaces os que hoxe son adultos)
DI A LENDA QUE ALÍ HAI UN MOURO ENTERRADO E QUE ESTE
TEN UNHA AMIGA SERPE.
SE O CHEGAR ALÍ DIS TRES VECES "CULÍ, CULÍ, CULÍ "
A SERPE SAE DO SEU AGOCHO E LÉVATE ATA ONDE XACE O MOURO,
E NON PODES VIR DE VOLTA.
A FONTE DO MOURO TAMÉN SE COÑECE COMO FONTE DE CULÍ, CULÍ
***
ESTA FONTE TEN Ó SEU CARÓN UN ANTIGO LAVADOIRO
Este lavadoiro conserva as pedras cadradas onde se fregaba a roupa.
É un lugar fermoso situado preto do muiño de Francuín.
UNHA CASA DO BARRAL
OLA, EU SON MIRANDA.
VIVO EN BARRAL, NUHA CASA MOI ANTIGA QUE CONSERVA UN HÓRREO, UN FORNO, UNHA BODEGA E UN POZO QUE DATAN DO SÉCULO XVIII.
DURANTE CATRO XENERACIÓNS OS MEUS ANTERGOS RECOLLERON O MILLO PARA FACELO PAN QUE COCÍAN NESTE FORNO.
DO POZO ABASTECÍANSE DE AUGA BEN FRESQUIÑA, E NA BODEGA CONSERVABAN O VIÑO.
O MEU PAPÁ TAMÉN FAI USO DESTAS HERDANZAS FAMILIARES.
(Familia de Miranda)
FACEMOS PAPIROFLEXIA
Hoxe en plástica fixemos PAPIROFLEXIA, a que é unha palabra moi rara?
Esta actividade consiste en facer figuras dobrando papel, sen cortar, sen pegar, sen grapar,... SÓ VALE DOBRAR!!!
Con imaxinación,paciencia e moita práctica podemos facer case todo o que se nos ocorra. Nós empezamos polas bolboretas.
Primeiro aprendemos a conseguir cadrados dunha folla rectangular, pois case todas as figuras parten dunha base cadrada. Despois cada un decorou o seu cadrado de papel con moitas cores para que as bolboretas quedaran ben bonitas.
|
|
Empezamos a dobrar: un pouquiño por un lado, outro pouquiño polo outro,...
CON MOITO COIDADO E ESMERO! |
e quedáronos así de bonitas
Ao final xogamos con elas e fixemos sombras na pantalla inventando pequenas historias
pero faltábannos personaxes, por iso decidimos seguir practicando para aprender a facer: paxaros, avións, flores,... Aínda que iso será outro día, pois hoxe xa traballamos moito!
A festa de San Antón
EU SON JOAQUÍN. TEÑO TRES ANOS E VOU Á ESCOLA DO PAZO.
A MIÑA CASA ESTÁ PRETO DA ESCOLA E QUERÍA FALARVOS
DAS FESTAS DE SAN ANTÓN DO PAZO QUE SON ESTA FIN DE SEMANA.
NESTES DÍAS O PATIO DA NOSA ESCOLA COVÉRTESE
NO CAMPO DAS FESTAS E PASÁMOLO MOI BEN.
(Luns hei contarvos como o pasei)
A fonte da Carballeira
EU SON ANTÍA E TEÑO 3 ANOS. VIVO E VOU Á ESCOLA Ó PAZO.
DE TODO QUE TEMOS NO PAZO EU ESCOLLÍN A FONTE DA CARBALLEIRA QUE TEN UNHA AUGA MOI FRESCA.
QUEDA Ó LADO DA CARRETERA QUE VAI DO PAZO A RIANXO.
Ó MEU AVÓ PARÉCELLE QUE LLE PUXERON O NOME DE CARBALLEIRA A ESTE LUGAR PORQUE
ANTIGAMENTE HABÍA MOITOS CARBALLOS, AÍNDA QUE AGORA NON QUEDA NINGÚN.
Mónica e Antía
- APIs de Blogue
A Capela de San Xosé en Rianxiño
OLA DE NOVO. AGORA ESTOU EN RIANXIÑO. ESTÁ PRETO DE ONDE EU VIVO
E O MEU AVÓ ERA DE AQUÍ. QUERO ENSINARVOS A CAPELA DE SAN XOSÉ.
NO MES DE MAIO CELEBRASE A FESTA DO PATROCINIO NO CAMPO
QUE ESTÁ Ó LADO DA CAPELA.
ESTE ANO CELEBROUSE O 1º SERÁN DO PATROCINIO ONDE SOARON
MOITAS GAITAS E PANDERETAS
Eva e Roi
- APIs de Blogue
O cruceiro do Bosque
EU CHÁMOME ROI E VOU Á ESCOLA DO PAZO.
ACABO DE CUMPRIR OS 5 ANOS.
VIVO NO BOSQUE QUE TAMÉN SE CHAMA
OUTEIRO DE FORNOS.
ALÍ HAI UN CRUCEIRO QUE TEN MOITÍSIMOS ANOS.
A CRUZ QUE TIÑA ROMPEU E DESAPERECEU E
TIVERON QUE FACER OUTRA.
EVA e ROI
- APIs de Blogue
AS CORES DA PRIMAVERA EN ABUÍN
RAQUEL |
NOEL |
NEREA |
LIDIA |
ALEXANDRA |
MARCO |
AARON |
GABRIEL |
TAMARA |
ANXO |
MARTA |
RAFA |
BRAIS |
MIRIAM |
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »