2008-2009
OS GATIÑOS DE ISMAEL
Chámome Ismael e teño unha gata que se chama Xoguetona.
O outro día tivo gatiños.
Mirade que bonitos.
ISMAEL, ÁNGEL E LARA.
RAÑÓ 29 DE MAIO.
OS ANIMAIS DE FERVENZA DO TOXA
GUSTOUNOS MOITO A GRANXA ESCOLA DE FERVENZA DO TOXA.
PASÁMOLO MOI BEN.
O QUE MAIS NOS GUSTOU FOI TOCAR E DARLLE DE COMER ÓS ANIMAIS.
COMO NON TEMOS FOTOS, FIXEMOS UNS DEBUXOS,
A VER SE VOS GUSTAN!!!
Escursión á Granxa Escola do Toxa
Os alumnos e alumnas da Escola de Rañó e da Escola de Pazo puxeron nas Follas das súas escolas unhas fotos moi fermosas da Excursión á Granxa Escola do Toxa.
Tobías a 28 de maio de 2.009
- APIs de Blogue
Visita ao Colexio Brea Segade.
Foto da Carreira das Letras 07-08, co Colexio Brea Segade ao fondo, con camisetas amarelas alumnos e alumas do C.E.P. Brea Segade
Os alumnos e alumnas das do C.R.A. de Rianxo que o vindeiro curso 09-10, irán
para o Colexio Brea Segade, facerán mañán unha visita a este colexio.
Amáis
de coñecer o colexio, as aulas, a biblioteca e outras dependencias,
tamén coñecerán aos nenos e nenas que o vindeiro curso serán seus
compañeiros/as.
Volverán a ver a nenos e nenas que foron seus compañeiros nas escolas do C.R.A.
Algunhas
das actividades previstas para a visita son: presentación con proxeción
multimedia, actividade de inglés, visita ao museo, conto na biblioteca
e moitas actividades e sorpresas máis.
Foto de nenos e nenas do C.E.P. Brea Segade, que participaron na Carreira das Letras deste curso
Tobías a 28 de Maio de 2.009
- APIs de Blogue
EXCURSIÓN Á GRANXA
Pasámolo moi ben na granxa da Toxa. Gustáronme moito os coellos.Ismael.
A min gustoume dar de comer aos animais.Adrián.
Estaba moi rico o pan que fixemos.Silvia.
p
EXCURXIÓN A GRANXA-ESCOLA "FERVENZA DO TOXA"
ESTE ANO A EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO FIXEMOLA A "FERVENZA DO TOXA" UNHA GRANXA-ESCOLA PRETO DE SILLEDA E OS NEN@S DE PAZO PRIMARIA VAMOS CONTAR AS NOSAS IMPRESIONS.
A min o que mais me gustou da granxa, foron os animais porque eran moi bonitos. sergio
na excursión de fín de curso paseino tan ben que non sei cal foi a MIÑA actividade preferida. pero plantar leitugas foi moi divertido. miranda
eu divertinme moito plantando leitugas, porque me gusta facer buratos na terra. martín
ola son brais: a min gustoume facer pan, e sobre todo comelo o bolo que fixen
eu son ainhoa a min gustoume moito toca-los coelliños, eran moi pequeniños e suaves.
- APIs de Blogue
O Cruceiro do Laxido e a Fonte do Barral
EU SON ALEX, XA CUMPRIN OS 5 ANOS E VOU Á ESCOLA DO PAZO
ESTOU CO MEU IRMÁN CARLOS E XUNTOS DEMOS UN PASEO
POLA NOSA ALDEA E ARREDORES, O BARRAL E O LAXIDO.
ESTE É O CRUCEIRO DO LAXIDO
O cruceiro do Laxido sitúase nunha encrucillada de camiños entre Vilas, Outeiro e Lustres. Parece moi antigo e posiblemente sexa do século XVII. Aséntase nunha plataforma octogonal, de aí a súa singularidade, pois os que acostumamos a ver teñen a base cadrada. Ten unha imaxe de San Andrés no seu fuste.
ESTA É A FONTE DO BARRAL. A SÚA AUGA PODESE BEBER POR ISO
SON MOITOS OS VECIÑOS QUE VEÑEN A BUSCALA.
OS MEUS BISAVÓS XA VIÑAN AQUÍ A BUSCAR A AUGA.
Juan Carlos, Rosa, Carlos e Alex
- APIs de Blogue
A praia da Torre
OLA, SON IRIA E VOU CUMPRIR OS 4 ANOS.
VOU Á ESCOLA DE PAZO.
QUERÍAVOS CONTAR ALGO SOBRE A PRAIA DA TORRE.
A PRAIA DA TORRE ESTÁ EN TARAGOÑA
PRETO DA PRAIA DO PAZO,
SOLO AS SEPARA O RÍO TÉ QUE DEIXA Á TORRE
NA SÚA MARXE DEREITA.
NÓS IMOS TÓDOLOS VERÁNS A BAÑARNOS E A XOGAR ALÍ
A XENTE MÁIS VELLA CONTOUME QUE LLE CHAMAN A TORRE
POR QUE ESTABA MOI PRETO DO CASTELO DA LÚA QUE TIÑA UNHA TORRE
A praia da Torre ten unhas vistas moi bonitas da Ría de Arousa.
NA PRAIA DA TORRE HAI UNHA CHEMINEA MOI ALTA. O MEU TÍO CONTOUME
QUE PERTENCÍA A UN SERRADOIRO QUE SE FIXO ALÍ NOS ANOS CINCUENTA.
Meu pai e máis eu estamos diante da cheminea do antigo serradoiro
TIÑA ESA GRAN CHEMINEA PORQUE O SERRADOIRO FUNCIONABA
A VAPOR E O SEU COMBUSTIBLE ERA A CASCA DAS ÁRBORES.
A MIÑA FAMILIA E OS MEUS AMIGOS AGARDAMOS IMPACIENTES A QUE CHEGUE
O VERÁN PARA PODER BAÑARNOS E XOGAR NA PRAIA DA TORRE
A FAMILIA DE IRIA
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »