O Cruceiro do Laxido e a Fonte do Barral
EU SON ALEX, XA CUMPRIN OS 5 ANOS E VOU Á ESCOLA DO PAZO
ESTOU CO MEU IRMÁN CARLOS E XUNTOS DEMOS UN PASEO
POLA NOSA ALDEA E ARREDORES, O BARRAL E O LAXIDO.
ESTE É O CRUCEIRO DO LAXIDO
O cruceiro do Laxido sitúase nunha encrucillada de camiños entre Vilas, Outeiro e Lustres. Parece moi antigo e posiblemente sexa do século XVII. Aséntase nunha plataforma octogonal, de aí a súa singularidade, pois os que acostumamos a ver teñen a base cadrada. Ten unha imaxe de San Andrés no seu fuste.
ESTA É A FONTE DO BARRAL. A SÚA AUGA PODESE BEBER POR ISO
SON MOITOS OS VECIÑOS QUE VEÑEN A BUSCALA.
OS MEUS BISAVÓS XA VIÑAN AQUÍ A BUSCAR A AUGA.
Juan Carlos, Rosa, Carlos e Alex
»
- APIs de Blogue