2008-2009

MARTIÑO

EN RAÑÓ TAMÉN ESTAMOS APRENDENDO SOBRE RIANXO E, Ó IGUAL COS NOSOS COMPAÑEIROS DOUTRAS ESCOLAS DO C.R.A., COMEZAMOS O NOSO CADERNIÑO CUN POEMA MOI BONITO DO LIBRO "Os amigos de Martiño" DE XESÚS SANTOS.

DESPOIS DE LER O POEMA PENSAMOS QUE MARTIÑO É UN NENO QUE DEBE VIVIR EN RIANXO OU NUN LUGAR MOI PARECIDO, PERO A NÓS GÚSTANOS MÁIS PENSAR QUE É DE RIANXO.E ASÍ É COMO O IMAXINAMOS:

 

 

 MARTIÑO NADANDO NA PRAIA DAS CUNCHAS MARTIÑO VENDO UN PARTIDO DE FÚTBOL

   
 MARTIÑO NO AUTOBÚS DA SÚA ESCOLA  MARTIÑO VENDO UN PARTIDO DE BALONCESTO.

   
 MARTIÑO PASEANDO POLA CARBALLEIRA DA ALDEA  MARTIÑO XOGANDO NA PRAIA DAS CUNCHAS

   
              A ALDEA DE MARTIÑO                      A ALDEA DE MARTIÑO

   
                  A ALDEA DE MARTIÑO                     A ALDEA DE MARTIÑO

   
                   A ALDEA DE MARTIÑO                        A ALDEA DE MARTIÑO

 

AVERIGUACIÓN

NON SOMOS PEIXES. NON SOMOS RÉPTILES.

PODEMOS COMER FROITOS OU GRAN, DE AVEA POR EXEMPLO, OU AVENTURARNOS A CAZAR ALGUNHA PRESA.

PODEMOS SER AVESTRUCES OU AVELAIONAS, PERO NUNCA ABELLAS OU ABELLOÓNS.

PODEDES AVERIGUAR QUEN SOMOS?

 
   

COMO PEIXE NA AUGA

SE ALGUNHA VEZ ESCOITADES A ALGUÉN DICIR:

- " ESTOU COMO O PEIXE NA AUGA ", DADE POR SEGURO QUE ESTÁ A DICIR QUE ESTÁ CÓMODO E A GUSTO.

NÓS ESTAMOS TODA A VIDA NA AUGA, PERO NON POR COMODIDADE. É QUE DOUTRA FORMA NON PODERIAMOS VIVIR!!

   
   
   

 

 

O LAVADOIRO DE OUROLO

OLA, SON CANDELA DA ESCOLA DE PAZO (POR POUCO TEMPO PORQUE O PRÓXIMO CURSO FAREI TERCEIRO).

VOU CONTAR O QUE INVESTIGAMOS DO LAVADOIRO DE OUROLO.

FÍXOSE SENDO ALCALDE D. ANGEL VARGA, NO ANO 1955.

   

FOI CONSTRUIDO POLOS VECIÑOS QUE DESPOIS ÍAN LAVAR ALÍ.

AS FAMILIAS ROTABAN PARA LIMPALO E A MIÑA NAI TAMÉN LLE TOCOU ALGUNHA VEZ.

TEN UNHA FONTE DA QUE MANA UNHA AUGA LIMPA E FRESCA.

   

O ANO PASADO RESTAURARONO E FIXERONLLE UN PEQUENO XARDÍN.

Candela e Rosa

HUMAN BODY

HUMAN BODY

ESCOLA DE PAZO

  

(Ed. Infantil)

ANIMALS

ANIMALS

ESCOLA DE CRUCEIRO, 3 ANOS

 

 

 

CHRISTMAS

CHRISTMAS

ESCOLA DE VACARIZA

RUN, PUMPKIN, RUN

RUN, PUMPKIN, RUN

ESCOLA DE OUTEIRO

 

 

"GECOS" RAIADOS

 
 

 

BOAS,

 SOMOS UNHA PARELLA DE "GECOS" RAIADOS, MACHO E FEMIA.

AÍNDA QUE SOMOS ORIXINARIOS DE AFRICA, HAI UN TEMPO QUE ESTAMOS VIVINDO NA CASA DE HUGO.

 PARA QUE POIDAMOS VIVIR EN TARAGOÑA A FAMILIA DE HUGO TIVO QUE MERCAR UN GRAN TERRARIO CUNHA LÁMPADA E UNHA ALFOMBRA TÉRMICA. OS GECOS RAIADOS PRECISAMOS MOITA CALOR PARA PODER VIVIR.

TAMÉN TEÑEN QUE TRAERNOS VERMES E SALTÓNS VIVOS PARA QUE POIDAMOS CAZALOS E COMELOS.

HAI UNS DÍAS ACOMPAÑAMOS A HUGO Á ESCOLA. OS SEUS COMPAÑEIROS E MÁIS ÉL ESTABAN A ESTUDAR OS ANIMAIS E DECIDIMOS BOTARLLES UNHA MAN, BUENO, MÁIS BEN UNHA PATA. OU AS CATRO QUE TEMOS CADA UN DE NÓS. E MIRADE QUE SON UNHAS PATAS BEN ESPECIAIS PORQUE REMATAN NUNHA ESPECIE DE VENTOSA QUE NOS PERMITEN SUBIR POLAS PAREDES E O TEITO DO TERRARIO SEN CAER!!

OS NENOS DA ESCOLA, LOGO DE OBSERVAR AS CARACTERÍSTICAS DO NOSO CORPO ( AS ESCAMAS QUE RECUBREN A NOSA PEL, A FORMA DE DERPRAZARNOS,...) DESCUBRIRON QUE PERTENCEMOS Ó GRUPO DOS RÉPTILES.

POIS SI QUE SON LISTOS ESTES RAPACES!!!

OS AMIGOS DE MARTIÑO

 

 
ESTAMOS A TRABALLAR RIANXO. AQUÍ ESTUDAMOS A SÚA CONTORNA E XENTES.

EN RIANXO SEMPRE HOUBO UNHA INQUEDANZA LITERARIA QUE IMOS COÑECENDO POUCO A POUCO CO NOSO AMIGO DANIEL.

ESTES DÍAS ESTIVEMOS COÑECENDO A ESCRITORES RIANXEIROS.XESÚS SANTOS É UN DELES. ESCRIBIU " OS AMIGOS DE MARTIÑO".

ESTE LIBRO NON ERA DESCOÑECIDO NO CRA PORQUE HAI ANOS REPRESENTOUSE NO LOCAL SOCIOCULTURAL DE TARAGOÑA POLOS ALUMNOS DESTE CENTRO.

NA ESCOLA DE VACARIZA SENTIMONOS UN POUCO MARTIÑOS. A NOSA ALDEA É PARECIDA A DEL E, ADEMÁIS, GÚSTANNOS AS MESMAS COUSAS CA EL E FACEMOS O MESMO CA EL.
 

   
   
   
   
 

 

 

Distribuir contido