2021-2022

Actividades desenvoltas ao longo do curso escolar 2021/2022.

AMOR DE AUGA

AMOR DE AUGA LIXEIRA...

COS VERSOS DE ÁLVARO CUNQUEIRO E A MÚSICA DE AMANCIO PRADA A PROFE MARÍA CONVIDOUNOS A CELEBRAR O DÍA DA POESÍA E O DÍA DA AUGA

AMOR DE AUGA TARDEIRA...

CON MÚSICA E POESÍA A PROFE MARÍA ANIMOUNOS A COÑECER A AUGA E SABER DAS SÚAS PROPIEDADES.

 AMOR DE AUGA FLORIDA...

CON POESÍA E MÚSICA FIXÉMONOS COIDADORES E COIDADORAS DA AUGA.

 AMOR DE AUGA PERDIDA... 

MIÑA AMIGA!!

ESCOLA DE NAIS E PAIS

DÍA MUNDIAL DA AUGA: 22 DE MARZO 2022

PRESERVEMOS ESTE RECURSO NATURAL!!!

Congreso Internacional de Innovación e Tecnoloxía en Educación Infantil (CITEI)

 

O noso centro vai participar no CITEI organizado pola Universidade de Sevilla os días 30,31 de marzo e 1 de abril a través dun simposio coordinado pola Univesidade de Santiago: EXPERIENCIAS DE APRENDIZAXE EN CONTEXTOS DIVERSOS E TIC EN EDUCACION INFANTIL.

As nosas contribucións van a ser as seguintes.

  • "Escuela Rosalía de Castro: El compromiso de la comunidad con su escuela". Sol Beiroa Troiteiro e Elisa Iglesias Framil.
  • "El Plan Digital de Centro en Galicia. Normativa, diseño, elaboración e implementación". María Varela Abuín.

Enlace: http://citei.us.es/

 

 

   

 

BENVIDA PRIMAVERA!

11ª SESIÓN CLUB DE CIENCIA 21-22: DETECTIVES DE ALIMENTOS

Esta actividade é unha das nosas favoritas aprendemos moitas cousas e pasámolo moi ben experimentando e aprendendo sobre aquilo que comemos. Hoxe falamos da composicón das comidas dende o punto de vista científico.

            

Fixemos experimentos que nos permitiron detectar a presencia do almidón en varios alimentos como a pataca, o arroz, o pan....pero o que non sabíamos era que o levaban as salchichas!!!! Pois si, as salchichas e algúns tipos de fiambre tamén o levan! Quedamos pampos! 

      

Que importante e coñecer o que comemos! Ata a próxima!

ARAO

ARAO COMÚN ( URIA AALGE)

VIVE NO MAR, PRETO DA COSTA. CRÍA EN ROCHAS E CANTÍS COSTEIROS.
A FEMIA PON 1 OVO ENRIBA DAS PEDRAS E FEMIA E MACHO CHÓCANO ENTRE AS PERNAS. 
CANDO A CRÍA TEN 14 DÍAS DE VIDA LÁNZASE AO MAR DENDE O ALTO DO CANTÍL. ALÍ PASA 40 DÍAS APRENDENDO A MERGULLARSE ANTES DE APRENDER A VOAR.
ALIMÉNTASE DE PEIXES PEQUENOS COMO A SARDIÑA, O BOCARTE OU A FANECA.
LONXITUDE: 38 CM.
ENVERGADURA: 64 CM.

ESTÁ REXISTRADA NO CATÁLOGO DE AVES AMEAZADAS COMO AVE EN PERIGO CRÍTICO.
ATA HAI 50 ANOS CRIABAN NA COSTA E NAS ILLAS DE GALICIA MÁIS DE 1000 PARELLAS DE ARAO. NA ACTUALIDADE CRESE QUE CRÍAN MENOS DE 10 PARELLAS NAS ILLAS SISARGAS E NO CABO VILÁN.
PERIGOS: REDES DE PESCA. CONTAMINACIÓN

8 DE MARZO. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 

365 DÍAS DE IGUALDADE

Distribuir contido