2021-2022

Actividades desenvoltas ao longo do curso escolar 2021/2022.

PAXARADA

 

 O PASEO MARÍTIMO QUE UNE RIANXO CON TARAGOÑA É UNHA BOA ATALAIA DENDE ONDE OBSERVAR A PAXARADA MARIÑA.

 
   

 AMANCIO, SEÑOR DAS AVES, QUE ANIMOU DENDE A DISTANCIA O NOSO COÑECEMENTO E AMOR POR ESTES HABITANTES DO MAR, PUIDO ACOMPAÑARNOS NUNHA FERMOSA MAÑÁ E , CARGADO CON CÁMARA E PRISMÁTICOS, FACILITOU A NOSA OBSERVACIÓN DE GAIVOTAS PATIAMARELAS E GAIVOTAS CHORONAS, GARZOTAS E GARZA REAL E MESMO A CONTEMPLACIÓN DUN ASOMBROSO CULLEREIRO.
QUE DIVERSA E FERMOSA É A VIDA !!

 Imaxes extraídas do libro "Paxarada no mar da Arousa Norte: Momentos fotografados", de Amancio Losada

22ª SESIÓN CLUB DE CIENCIA 21-22: OVOS E SAL

Na sesión de club de ciencia desta semana traballamos con ovos de galiña. Fixemos varios experimentos para comprobar a dureza dos ovos.

               

Logo escachamos un ovo para coñecer as súas partes, falamos da casca, da clara, da xema, de que están compostos, que son..... E para rematar traballamos tamén con sal para ver a flotabilidade dos elementos, xa que cando se sumerxe algo en auga con sal, ésta favorece a flotación.

                          

Pasámolo moi ben e aprendemos un montón de cousas! Ata a próxima!

PROCESO DE ADMISIÓN 2022-2023: ADMITIDOS

Dende o centro informamos que tod@s @s nen@s que presentaron solicitude de Admisión no CRA de Rianxo para o vindeiro curso 2022-2023, están tod@s admitid@s.

Ao longo do mes de xuño informaremos do proceso de formalización de matrícula e terá lugar unha reunión informativa para ás familias de novo ingreso.

O Equipo Directivo

Semana do Libro

Rematamos a Semana do Libro facendo actividades tan marabillosas como esta que fixeron os  nenos e nenas da escola de Cruceiro (5 anos). Unha vez lido o conto de "LUME" aprendemos un pouco máis a como xestionar os enfados. Como somos maiores para identificar e xestionar o mellor posible esta emoción tamén foron maiores para empregar instrumentos de adultos como os mistos.

 

21ª SESIÓN CLUB DE CIENCIA 21-22: AUGA, AIRE E LUME

Na sesión desta semana do noso club de ciencia fixemos varios experimentos en relación a tres grandes elementos: a auga, o aire e o lume. Aprendimos un montón de cousas e pasámolo xenial!

 

       

David presentounos distintas propostas de experimentos, sobre os que primeiro tiñamos que elaborar a nosa hipótese e logo comprobar o que pasaba. E aínda que algúns dos resultados parecían maxia ou cousa de meigas, David foinos explicando que todo ten unha base científica.

       

Pero aínda que David e María non deixan de repetirnos que os experimentos que facemos non teñen nada de máxicos, nós onte puidemos ver a maxia da ciencia. 

Ata a próxima!

CIENCIA NA ESCOLA: BOTÁNICOS NA ESCOLA DE PAZO

@S nos@s compañeir@s da Escola de Pazo convertíronse en botánicos realizando unha plantación na escola. Primeiro prepararon a terra con auga e con nutrientes para a continuación sementar as plantas deixando ben cuberta a raíz. Sorte compañeiros que teñades unha boa colleita!

      

20ª SESIÓN CLUB DE CIENCIA 21-22: SENTIMOS

Esta sesión do club de ciencia foi de carácter sensorial. María e David trouxéronnos diferentes materiais cos que experimentamos a través do tacto: experimentamos con estes materiais para ver como se desenvolvían. Tocamos diferentes tipos de area kinética e ata tiñamos scornabots! Por último xogamos a adiviñar o material a través do tacto sin velo. Pasámolo xenial! E aprendemos un montón!

    !

Ata a próxima!

Distribuir contido