2021-2022

Actividades desenvoltas ao longo do curso escolar 2021/2022.

SEMANA DA PRENSA

10ª SESIÓN CLUB DE CIENCIA 21-22: COUSAS CURIOSAS SOBRE O PLANETA

      

Nesta sesión do club María e David trouxéronnos dous mapamundis magnéticos, e plantexáronnos distintos retos para que buscaramos as pezas e as colocaramos no lugar correspondente. Aprendemos moitas cousas sobre a flora e a fauna dos disitintos continentes e moitas curiosidades científicas! Por exemplo.... ti sabes onde viven os pingüinos no polo norte ou no polo sur?ou... de onde ven o arroz?

Pasámolo moi ben! Ata a próxima!

9ª SESIÓN CLUB DE CIENCIA 21-22: CADA ANIMAL NA SÚA CASA

       

Despois das vacacións de Nadal retomamos as sesións de club de ciencia investigando sobre onde viven os animais da nosa costa, con quen conviven, que tipo de vida levan... aprendemos moito e pasámolo moi ben, ata xogamos a que animal é? empregando únicamente o sentido do tacto!

Ata a próxima!

CIENCIA NA ESCOLA: OCEANÓGRAFOS NA ESCOLA ROSALÍA DE CASTRO

Os nosos compañeiros e compañeiras da Escola de Rosalía de Castro estánse convertindo nus fantásticos oceanógrafos. 

    

    

Aquí os vemos estudando os corais e os ourizos mariños, menudas bocas!

  

   

Tamén puideron observar e estudar un auténtico cabaliño de mar! Noraboa polo voso traballo compañeiros e compañeiras, seguide investigando!

Ata á próxima!

SESIÓNS DIVULGATIVAS NAS XORNADAS DE BIBLIOTECA DO 1º TRIMESTRE

Neste primeiro trimestre nas nosas xornadas da Biblioteca de Daniel, invitamos a María e David de Arenaria para que nos fixeran unha Introducción á Ocenografía para aprender moitas cousas que nos axuden a desenvolver o P.D.I.deste curso "OceanoCRAfico, estudo e conservación do medio mariño".

        

E a verdade é que aprendemos un montón sobre o traballo que realizan os oceanógrafos e oceanógrafas, moitas cousas sobre o medio mariño e pasámolo súperben con todo o material que nos trouxeron. Grazas Arenaria!

      

Ata á próxima!

CIENCIA NA ESCOLA: ENTRE CUNCHAS EN CAPELA PRIMARIA

Na aula de Capela Primaria iniciamos o noso proxecto sobre oceanografía achegándonos aos elementos marítimos quizáis máis coñecidos do mundo:as cunchas! Quen non tivo nunca unha cuncha nas súas mans? Observamos, clasificamos e identificamos o animal ao que pertencen, porque aínda que a simple vista non o pareza todas son parte dalgún ser vivo. 

 

      

        

 

E sabías que se escoitas dentro dunha cuncha pegándoa moito á túa orella... podes escoitar o mar?? Encántanos estas experiencias compas, grazas por compartirlas!

8ª SESIÓN CLUB DE CIENCIA 21-22: O REI DE GALICIA O MEXILÓN

Nesta sesión do noso club de ciencia estivemos falando dun dos animais máis emblemáticos das nosas costas: o mexilón. Aínda que como bos galegos e galegas o vemos máis coma un producto do mar (están boísimos xa sexa en conserva, en empanada ou ao vapor) non deixa de ser un animal moi interesante polo que nos achegamos a el dende punto de vista científico:

          

Experimentamos e aprendemos un montón de cousas sobre este bivalbo tan curioso. Cómo bos oceanógrafos observamamos a súa fisonomía e María e David nos explicaron un montón de cousas sobre as súas características. Neste curso que adicamos á oceanografía non podíamos pasar sen adicarlle unha sesión ao rei das nosas costas.

        

Ata a próxima! mentres tanto gozade da ciencia.

PÍLLARA DAS DUNAS

PÍLLARA DAS DUNAS ( CHARADRIUS ALEXANDRINUS).

 VIVE NAS PRAIAS E DUNAS.
A FEMIA PON 3 OVOS ENRIBA DA AREA. CANDO AS CRÍAS NACEN XA CAMIÑAN E BUSCAN A SÚA COMIDA PERO OS PAIS HAN DE ATENDELAS DURANTE UNS 25 DÍAS, MENTRES NON APRENDER A VOAR.
ALIMÉNTASE DE:
PEQUENOS CRUSTÁCES (COMO AS PULGAS DE MAR), VERMES (COMO O CAGÓN DAS PRAIAS) E MOLUSCOS (COMO OS BIVALBOS)

ESTÁ REXISTRADA NO CATÁLOGO DE AVES AMEAZADAS COMO AVE VULNERABLE.
EN 2014 APROBOUSE UN PLAN PARA ASEGURAR A SÚA CONSERVACIÓN E ACADAR UNHA POBOACIÓN MÍNIMA DE 250 PARELLAS REPRODUTORAS DURANTE, CANDO MENOS 5 ANOS SEGUIDOS. EN 2020 CONTÁRONSE APENAS 84 PARELLAS DE PÍLLARA DAS DUNAS EN TODA GALICIA.
PERIGOS:
TURISMO MASIVO, LIMPEZA DE PRAIAS CON MÁQUINAS, CONSTRUCIÓN NA BEIRAMAR, CANS SOLTOS E OUTROS ANIMAIS

Fotografías das píllaras de Amancio Losada recollidas en "Paxarada do mar de Arousa Norte"

 

Distribuir contido