2021-2022
O MAR ÉNCHENOS DE INSPIRACIÓN: CONTOS MARIÑOS DE CREACIÓN PROPIA.
As nenas e os nenos de Primaria da escola do Pazo gozamos lendo os contos da nosa biblioteca. Algúns dos nosos favoritos son contos de temática mariña. Como nós xa somos verdadeiros expertos na materia tamén quixemos botar man da nosa imaxinación para crear as nosas propias historias sobre baleas atrapadas, cangrexos exploradores, a amizade ou océanos contaminados.
Aquí tedes os nosos contos mariñeiros!
Sara cóntanos "o cangrexo e o tiburón".
Elena cóntanos "Lara e Sabela xuntas".
Inés cóntanos "Inés, Teo e Vera".
Elisa cóntanos "Lisi e Sol investigan".
Carmen cóntanos "Lota está contenta".
Fabián cóntanos "o peixe que xoga ó futbol".
Vera cóntanos "a balea atrapada na rede".
Maikel cóntanos "Chola atrapada na basura".
https://youtu.be/-QV8XPfoPUE¬&rel=0
- APIs de Blogue
A LENDA DO NARVAL
A LENDA DO NARVAL
Clicando no seguinte enlace podedes ver un pdf sobre a Lenda do Narval, unha lenda sobre a historia da Arca de Noé:
Partimos dos textos bíblicos da Arca de Noé e levamos a cabo unha serie de actividades que teñen como obxectivo desenvolver no noso alumnado a conciencia ecolóxica.
Dende Reli tamén queremos aportar para que as nosas crianzas comprendan o importante que é coidar dos nosos océaos e dos animais que os habitan. O narval que inspira esta lenda, aínda que a día de hoxe non é un animal en perigo de extinción, si que é unha especie ameazada polo cambio climático, xa que unha subida brusca da temperatura da auga podería ser fatal para eles debido à súa pouca capacidade de adaptación. Dende a aula de Reli animamos e concienciamos aos nosos alumnos e alumnas do importante que é respetar o medio, un aspecto crucial de cara ao noso futuro.
- APIs de Blogue
AS ROMARÍAS MARIÑEIRAS
A palabra romaría provén de romeiro, nome co que designaban aos peregriños que se dirixían a Roma. Por extensión, empezou a aplicarse a calquer peregriño que se dirixira a un santuario para rendir culto a unha virxe ou a un santo. En Galicia ir de romería é unha tradición moi arraigada, actualmente son festas de carácter popular onde os romeiros se achegan ata os santuarios para pasar un día de lecer e devoción.
Entre as romarías máis importantes de Galicia temos as chamadas romerías mariñeiras que por norma xeral lle rinden culto a Virxe do Carme.
A virxe do Carme tamén coñecida como a "Estrela dos Mares" é considerada a patrona dos mariñeiros e mariñeiras e de toda a xente que ten un traballo vinculado co mar. É tradición sacar a virxe en procesion polo mar en agradecemento polos favores concedidos e buscando a súa protección.
Son días de desfrutar en familia con música tradicional e con desgustación de productos das nosas rías...
..... e por suposto non poden faltar os postos de churros e rosquiñas!!
En Rianxo existe unha romaría mariñeira que non ten como protagonista a Virxe do Carme senón á Virxe de Guadalupe. Esta romería xurde no século XIX cando Galicia é atacada por un brote de cólera que tivo moita incidencia na nosa comarca, sen embargo deixaba a Rianxo sen apenas casos. A xente interpretou este feito como un miragre de protección da virxe negra máis popular de Galicia.
Ao culto relixioso uneuse a devoción popular e organizouse unha procesión marítima ca “Moreniña” embarcada nun veleiro e acompañada por un cento de embarcacións tradicionais, dita procesión continuou ata a actualidade sendo un dos actos centrais das festas.
Protectora das xentes do mar de Rianxo, a imaxe da Virxe de Guadalupe sae cada mes de setembro do seu santuario para subir a unha embarcación engalanada que a espera no peirao. A continuación iníciase a procesión polo mar, na que centos de embarcacións de todo tipo acompañan ao barco da Virxe. Cando chega á altura do Paseo da Ribeira o público comtempla "A Moreniña" semellante a unha regateira de Rianxo camiñando descalza pola area, como as que introduciron as xoubas nos mercados máis importantes de Galicia. Entón todos e todas entonan ao unísono a popular canción “A Rianxeira”, copla que naceu a mediados do século XX da morriña pola terra dos rianxeiros emigrados e exiliados en Bos Aires.
Ao longo dos días de festa adoitase escoitar esta canción polas rúas de Rianxo, e o último día, xa entrada a madrugada, protagoniza un emocionante peche festivo, cando a multitude concentrada na verbena da praza de Castelao volve cantala, coa música de varias orquestras e con luces de bengalas.
- APIs de Blogue
Reunión para as familias de novo ingreso 2022-2023
O martes 14 de xuño de 2022 terá lugar unha reunión ás 12:30 horas no Auditorio de Rianxo para as familias de novo ingreso.
Nela presentaremos un pouquiño o CRA e darémosvos a información para facer a matrícula do novo alumnado.
Calquera dúbida chamade ao teléfono 629650523
Vémonos alí!
- APIs de Blogue
MATERIAIS PFPP CRA DE RIANXO CURSO 2021-2022. SEMINARIO DIDÁCTICA DAS AULAS MULTIGRAO: APROXIMACIÓN Á LECTO-ESCRITURA DENDE UNHA PERSPECTIVA MULTIGRAO E GRUPO DE TRABALLO CLUB DE CIENCIA NO CRA.
Materiais elaborados este curso no PFPP do CRA de Rianxo.
- APIs de Blogue
Convocatoria do Fondo Solidario de libros de texto, axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o alumnado matriculado en educación primaria. Curso 2022-2023.
Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2022/2023 (código de procedemento ED330B).
Prazo de presentación de solicitudes: do 19 de maio de 2022 ao 22 de xuño de 2022.
Solicitudes: deberemos presentar na sede do CRA en Asados debidamente cumprimentados o Anexo I e o Anexo II.
As solicitudes presentaranse no centro onde o alumno/a estea matriculado no vindeiro curso 2022-2023. Os nenos/as que marchan este ano deberana entregar nos centros receptores.
Téfefonos centros receptores A.D.R. CASTELAO: 881 86 68 61
C.E.P BREA SEGADE: 881 86 70 46
Horario de presentación das solicitudes na sede do CRA de Rianxo (Asados): luns de 9:30- 10:50, martes de 12:30 - 14:00 h; xoves de 09:30 - 10:50 h e de 12:15 a 13:00 h; venres de 11:00 a 13:00 h.
Rogamos solicitedes cita previa por teléfono. No caso de que algunha familia non puidera vir entregar neste horario comunicádevos con
dirección. Teléfonos do centro: 981 86 33 05 // 629 65 05 23.
Modalidade de presentación de solicitudes:
- Por vía electrónica:
Mediante a aplicación informática "fondolibros"
- Por vía presencial, no centro:
Enlace ao documento: Anexo I e Anexo II
Dispoñeremos de solicitudes impresas dos Anexos I e II na sede do CRA por si algunha familia tivera dificultades para descargalos da web. Do mesmo xeito a partires da semana que ven tamén distribuiremos copias
das solicitudes polas escolas por si alguén as necesita, comunicádevos c@s titor@s d@s vos@s fill@s.
Máis información na seguinte ligazón
- APIs de Blogue
24ª SESIÓN CLUB DE CIENCIA 21-22: EXPLORADORES DO RÍO TÉ
Esta semana no noso club de ciencia, aproveitando o bo tempo, realizamos unha andaina ata o río Té. Convertémonos en explorador@s por un día, levamos con nós lupas e microscopios de campo e tamén unha pequena guía de insectos e de outros animais que podíamos atopar polo camiño. Fomos observando o entorno e fixándonos moi ben no que nos atopabamos e falamos de curiosidades:
Observamos un montón de animais: babosas, cempés, bolboretas, vacas marróns coa cara branca, zapateiros, libélulas, abellas.... e tamén puidemos observar moitas flores, xa que nesta época as prantas están en plena floración. Tamén puidemos comprobar a temperatura da auga do río que estaba bastante fresquiña. Foi unha saída estupenda, e aínda que a facemos todos os anos, nunca nos cansamos porque sempre aprendemos cousas novas e o pasamos de marabilla!
Ata a próxima!
- APIs de Blogue
23ª SESIÓN CLUB DE CIENCIA 21-22: RETOS MATEMÁTICOS
Esta semana no noso club de ciencia enfrontámonos a diversos retos. Tivemos que valernos do noso inxenio para buscar as solucións e resolver!
Traballamos desafíos de lóxica, habilidade, matemáticas.... Algúns eran bastante complicados pero conseguimos darlle solución a todos! Aprendemos das nosas equivocacións e formulamos hipóteses para logo aplicar na resolución.
Unha tarde de mates moi divertida! Ata a próxima!
- APIs de Blogue
SEÑOR DE LÓNGARAS
Imaxe extraída do libro "Paxarada no mar da Arousa Norte: Momentos fotografados", de Amancio Losada
"O SEÑOR DA ENSEADA DE RIANXO VIVE SOLITARIO DEBAIXO DAS ROCHAS DENDE HAI MOITOS ANOS COIDANDO ÁS AVES DA RÍA.
UNHA NOITE DE TEMPORAL MOI ESCURA APARECERON NAS ROCHAS OITO CORVOS MARIÑOS MALFERIDOS E O SEÑOR DE LÓNGARAS COIDOUNOS VARIOS DÍAS ATA CURALOS.
OS CORVOS MARIÑOS AGRADECIDOS PREGUNTÁRONLLE AO SEÑOR DE LÓNGARAS QUE PODÍAN FACER POR EL.
- VISITÁDEME SEMPRE QUE POIDADES, VÓS E AS VOSAS AVES COMPAÑEIRAS, E CONTÁDEME HISTORIAS DE TODOS OS LUGARES POR ONDE VIAXADES. DÍXOLLES.
DA QUE MARCHARON, O SEÑOR DE LÓNGARAS LEVANTOU OITO PAUS PARA QUE PUIDERAN VOLVER E POUSAR NELES A DESCANSAR E DENDE ALÍ PUIDERAN CONTARLLE HISTORIAS DOS MARES AFASTADOS.
DÍA TRAS DÍA, CORVOS MARIÑOS PÓUSANSE NOS PAUS E CONVERSAN TRANQUILAMENTE CO SEÑOR DE LÓNGARAS.
CORVOS MARIÑOS E MÁIS.
A LÓNGARAS ACÉRCANSE A CONTAR HISTORIAS E TAMÉN A ESCOITALAS, O PEQUENO PICAPEIXE E O PEQUENO BILURICO BAILÓN; ACHEGAN TAMÉN A GARZOTA E O LAVANCO.
ESCOITAN ATENTAS OS CONTOS A GARZA REAL E A GABITA.
AQUÍ “CUCHICHEAN” AS GARZAS BOIERAS E POÑEN MÚSICA OS MAZARICOS CHIADORES E OS BARULLENTOS VIRAPEDRAS.
EN LÓNGARAS FAI ATREVIDOS PICADOS O CARRÁN CRISTADO E GOZAN COMO GAIVOTAS AS PATIAMARELAS, AS REIDORAS, AS ESCURAS, O GAVIÓN, ... E O SEÑOR DE LÓNGARAS ESCOITA SEMPRE AGRADECIDO.
HOXE QUEDAN SÓ CINCO PAUS EN LÓNGARAS.
ESPEREMOS QUE NON NOS QUITEN NINGÚN MÁIS."
AMANCIO LOSADA CREOU ESTE FERMOSO CONTO
E COMA SE CORVO MARIÑO, PICAPEXE OU LAVANCO FOSE
OFRECÉUNOLO A NÓS, PEQUENAS SEÑORAS E SEÑORES DE LÓNGARAS, ALÍ NA ENSEADA DE RIANXO.
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »