2015-2016

Axudas para libros de texto e material escolar - Recollida de vales

 

Están dispoñibles os vales correspondentes ao programa de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o alumnado de Primaria.

Poden recollerse na sede do C.R.A. os días 13, 14 e 15 de xullo entre as 11:00 e as 13:00.

Rianxo, 12 de xullo de 2016

O equipo directivo

LIMPAMOS A PRAIA DE TANXIL

 

GUIADOS POLO CAPITÁN PLANETA E DENTRO DO PROGRAMA DE VOZ NATURA

VISITAMOS A PRAIA DE TANXIL PARA LIMPALA.

XOGAMOS, MERENDAMOS E GOZAMOS DUNHA MAÑÁ BEN DIVERTIDA.

 

VISITAMOS PONTEVEDRA E O PARQUE DOS SENTIDOS (MARÍN)

ESTE É UN RESUMO DA SAÍDA QUE FIXEMOS A PONTEVEDRA:

NO MUSEO VIMOS UNHA EXPOSICIÓN DAS OBRAS DE CASTELAO. DESPOIS FIXEMOS UN ROTEIRO

POLAS PRINCIPAIS RÚAS E PRAZAS DA CIDADE.

LOGO COMEMOS EN MARÍN, NO PARQUE DOS SENTIDOS OU PARQUE BRIZ,

ONDE PASAMOS A TARDE DE XEITO AMENO E DIVERTIDO.

ROTEIRO POR RIANXO

ESTA MAÑÁN QUE ESTIVEMOS EN RIANXO DEUNOS PARA MOITO:

DENDE A PRAZA DO XADREZ DIRIXÍMONOS AO PEIRAO DE SETEFOGAS PARA, UN POUQUIÑO MÁIS ADIANTE,

FACER UN OBRADOIRO PENDENTE DO PROGRAMA "PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA".

LOGO VISITAMOS A BIBLIOTECA MUNICIPAL ONDE SOFÍA FIXO FINCAPÉ NUN LIBRO "PEITO DE LOBO".

E CON TERO COÑECEMOS MOITAS COUSAS SOBRE CASTELAO, E ....COÑECEMOS A PEITO DE LOBO!!!

(BEN, ERA O SEU CABEZUDO CO QUE BAILAMOS ANIMADAMENTE)

AS MEDALLAS DAS LETRAS GALEGAS

 

ESTAS SON AS MEDALLAS QUE DECORAMOS PARA A CARREIRA DAS LETRAS.

 

 

SIMULACRO DE INCENDIO!

HOXE POLA MAÑÁN VISITÁRONNOS OS BOMBEIROS.

CON ELES FIXEMOS UN SIMULACRO DE INCENDIO CHAMANDO AO 112.

LETRAS GALEGAS 2016

UN ANO MÁIS HONRAMOS AS NOSAS LETRAS EN CAMPO MANEIRO EN COMPAÑA DAS NOSAS FAMILIAS.

ALÍ CORREMOS, XOGAMOS, CANTAMOS, MERENDAMOS....E RECITAMOS A MANUEL MARÍA.

MIRADE QUE BEN O PASAMOS:

ACTIVIDADES DE FIN DE CURSO

O MARTES 21 E MÉRCORES 22 DE XUÑO A COMUNIDADE EDUCATIVA REALIZA NAS DISTINTAS ESCOLAS DO CRA E NA SÚA CONTORNA  ACTIVIDADES DE CELEBRACIÓN DO REMATE DAS ACTIVIDADES LECTIVAS

ENCONTRO COAS FAMILIAS DO NOVO ALUMNADO

O MARTES 21 DE XUÑO CELEBROUSE ÁS 17 H NA SEDE DO CRA DE RIANXO O ENCONTRO DO PROFESORADO COAS FAMILIAS DO ALUMNADO DE NOVO INGRESO

Distribuir contido