2015-2016
CONCIENCIACIÓN MEDIOAMBIENTAL
A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CRA DESPRAZOUSE O VENRES 10 DE XUÑO ATA A PRAIA DE TANXIL, EN RIANXO, PARA REALIZAR ACTIVIDADES DE CONCIENCIACIÓN MEDIOAMBIENTAL.
- APIs de Blogue
VISÍTANOS O PAI DE ANTÍA. ESTUDAMOS AS MÁQUINAS!
Neste mes de maio, entre moitas outras cousas, os nen@s de primaria de Quintáns estivemos estudando as máquinas. Máquinas simples, máquinas complexas, as pezas destas...En resumo, máquinas que nos fan a vida máis fácil. O profe Pablo, explicándonos este tema, díxonos que cunha pequena máquina como era o gato do coche, podíamos levantar o seu coche branco do chan, sen apenas facer esforzo. Aproveitando que a Juan, o pai de Antía lle gustan moito estas cousas de ferramentas e mecánica, invitámolo á escola para explicarnos o funcionamento do famoso "gato". Quedamos abraiados ó ver que unha máquina tan pequena podía levantar algo tan enorme cun pequeno esforzo. Ademais Juan, ensinounos como funcionaba o motor do coche do profe: alternador, batería, radiador...todas as pezas necesarias para o funcionamento correcto dunha máquina complexa. Unha lección maxistral de mecánica e enxeñería! Aquí vos quedan as fotos desta gran experiencia!
Moitas grazas por vir Juan! Es "unha máquina"!
- APIs de Blogue
MAIO MAÍÑO, CO ANIVERSARIO DE LUCÍA, TOMAMOS UN BISCOITIÑO!
O mes de maio trouxo frores, literatura e moitas festas. Entre elas o aniversario de Lucía que xa cumpriu 5 anos! Para celebralo como sempre, zume e biscoito!
Parabéns Lucía! Que medres moito!
- APIs de Blogue
EN ABRIL, CUMPREN ANOS...OS DE INFANTIL!
No mes de abril, os máis pequenos de Quintáns cumpriron "anos mil". Parabéns Xulia e Hugo! A seguir cumprindo anos, e nós a festexalos con vós! Con tortas así de ricas...quen non!
PARABÉNS PEQUERRECHOS!
- APIs de Blogue
MANUEL MARÍA: O CUCO
" ÓESE POLA CARBALLEIRA
O VELLO CUCO SOURIL
Ó NACER A PRIMAVERA
ENTRE O MARZO E O ABRIL"
Manuel María.
Terra Chá
- APIs de Blogue
MANUEL MARÍA: O LOBO
Ven o señor Lobo
- que medo, neniño!-
polo monte abaixo
e asusta ó camiño!
Trae lume nos ollos; |
Que dá medo velos; arrepío ollalos…! Ven o señor Lobo con instintos malos! |
Anda paseniño con pasos calados. Años e ovellas: estarán gardados? |
Ven o señor Lobo con paso seguro: a luz dos seus ollos fura no escuro! |
Escóitase ó lonxe perdido entre matos, na soidá do monte, oular de lobatos. |
Chega o señor Lobo. A súa ollada fría: pon os pelos dreitos, o sangue arrepía…! |
O sangue arrepía,
o corazón xea:
está o señor Lobo
venteando a aldea!
Manuel María
Os soños na gaiola
- APIs de Blogue
MANUEL MARÍA: O MEU BARCO
" TEÑO UN BARCO DE XOGUETE
E NEL ME QUERO EMBARCAR
POLOS MARES DOS MEUS SOÑOS
QUEN ME VERÁ NAVEGAR! "
...Manuel María
Os soños na gaiola
|
- APIs de Blogue
MANUEL MARÍA: A PALABRA
MANUEL MARÍA, POETA DA TERRA CHÁ E DOS NOSOS SOÑOS , REGRESA UN ANO MÁIS Á ESCOLA.
E DESTA VEZ SABÉMONOS MOI ACOMPAÑADOS E ACOMPAÑADAS NO GOCE DA SÚA PALABRA ...
"QUERO TER A PALABRA MÁIS SINCEIRA,
A MÁIS CABAL, MÁIS NOBRE E TRANSCENDENTE,
QUE SEXA AO MESMO TEMPO, GRAN, SEMENTE,
INVERNO, V´RAN, OUTONO E PRIMAVERA...
... POIS O NOSO FIEL POETA É O AUTOR HOMENAXEADO ESTE ANO NA CELEBRACIÓN DAS NOSAS LETRAS.
QUERO A PALABRA PURA, RECENDENTE,
FERMOSÍSIMA, NIDIA, VERDADEIRA
QUE TEÑA O RITMO BARIL DA MUIÑEIRA
E A CLARIDADE DA AUGA TRANSPARENTE
QUERO A PALABRA CERTA CARA A VIDA,
A PALABRA QUE FERE, QUE ALOUMIÑA;
E VAI PARA AVE, NUBE, FLOR , CANCIÓN.
QUERO A PALABRA ESPIDA, ALPORECIDA
E, AO MESMO TEMPO, LENE, SOLERMIÑA
QUE É SAL NOS BEIZOS E LUZ NO CORAZÓN "
MANUEL MARÍA.
OS LONXES DO SOLPOR
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »