ANPA
A ANPA IRMÁNS INSUA PROPÓN MELLORAS PARA OS PATIOS
VENRES 20 DE OUTUBRO 2017
Irene, Tamara e Ana en representación da ANPA, Irmáns Insua, reúnense co director do colexio
para realizar propostas de mellora dos patios escolares.
Suxiren a posibilidade de poñerse en contactocoa Asociación Alados de EducaciónMedioambiental para intervirnos patios escolares. A Asociación realiza propostas de intervención coas que elaborar elementos de xogo aproveitando recursos do medio natural.
|
|
Na reunión suxeriron tamén a posibilidade de organizar plantacións de árbores e plantas para humanizar os patios e tamén como xeito de fomentar a educación medioambiental dos nenos e das nenas e das familias. |
|
Como actividades de educación medioambiental valoraronse: A realización de pequenas rutas de sendeirismo Organización de charlas con persoas coñecedoras do medio natural |
|
Outros asuntos que se trataron foron a realización de actividades de formación para as familias. Tamén se ve necesario coñecer mellor as preocupacións e intereses das familias a través de cuestionarios.
|
- APIs de Blogue
DÍA DAS BIBLIOTECAS
Este martes 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas. Nós celebrarémolo nas nosas bibliotecas de aula. Trala festa lectora ensinarémosvos todo o que fixemos nas aulas.
Feliz Día das Bibliotecas e felices lecturas!!
- APIs de Blogue
TARDES CON DANIEL
Mañá martes 17 de outubro a Biblioteca de Daniel abre as súas portas para nos ofrecer unha tarde de ledicia entre libros, no seu horario habitual de 16:00-18:00h. O contacontos, que terá lugar como sempre ao redor das 17:00h, corre a cargo do profe Ana de Abuin que nos vai contar "A princesa do Caurel" (o profe Baltasar interpretará á princesa). Animádevos a participar
- APIs de Blogue
TARDES CON DANIEL
O próximo martes 10 de outubro, a Biblioteca de Daniel volverá a abrir as súas portas despois do descanso estival. Nestes inicios de curso o noso amigo Daniel dános a súa benvida e convídanos a pasar con el unhas divertidas tardes de martes na compaña dos libros. A vindeira semana recibiredes un tríptico informativo onde se recollen, entre outras cousas, todas as sesións para este primeiro trimestre, abriremos en horario de 16:00-18:00 h como ven sendo habitual, e ao redor das 17:00h teremos as sesións de contacontos. Este martes a profe Celia cóntanos El libro inquieto, así que xa sabedes, animádevos a participar. Vémonos o martes!
- APIs de Blogue
ASEMBLEA ANPA IRMÁNS ÍNSUA
A presidenta da ANPA Irmáns Insua do noso centro, convoca Asemblea Xeral:
- Martes 19 de setembro
- 18:30 horas
- Sede do C.R.A. en Atalaia - Asados
- Asuntos: Cambio entidade bancaria e outros
En Rianxo a 18 de setembro de 2017
- APIs de Blogue
Tardes con Daniel
Este martes 20 de xuño a nosa biblioteca abre as súas portas por derradeira vez neste curso 2016- 21017, no seu horario habitual de 16:00- 18:00 horas.
A profe Vero de Abuín vainos contar "Non quero ser un polbo". Con este contacontos rematamos as actividades de biblioteca dos martes. Daniel deséxavos que pasedes un feliz verán lector e espera que o curso que ven sigades vindo todos os martes á nosa biblioteca para gozar de tardes estupendas na compaña dos libros.
Boas vacacións!
- APIs de Blogue
Xornada de limpeza de praias , Voz Natura 2017
O vindeiro venres 9 de xuño levaremos a cabo a Xornada de Limpeza de Praias Voz Natura 2017. Como levamos facendo dende fai xa varios cursos, desprazarémonos ata a praia de Tanxil en Rianxo. Realizaremos unha actividade de recollida de lixo no entorno para traballar a conciencia ecolóxica d@s nos@s nen@s e gozaremos tod@s xunt@s dun día de lecer con merenda, música e xogos populares. A actividade estará coordinada dende o centro, pero todos os familiares que desexedes acompañarnos poderedes achegarvos ata Tanxil.
Sairemos en torno ás 10 da mañá das nosas escolas e regresaremos ao redor das 13:30 horas.
- APIs de Blogue
EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO 2017
O vindeiro mércores 31 de maio as escolas do CRA de Rianxo emprenderemos unha aventura de mar e terra. Na nosa excursión de fin de curso deste ano visitaremos a Illa de Cortegada, pertencente ao Parque Nacional das Illas Atlánticas. A organización das actividades que levaremos a cabo neste espazo natural está a cargo de Arenaria: gozaremos todos xuntos dun día de lecer ao aire libre aprenderemos moitas cousas do noso entorno marítimo e da riqueza da nosa ría. Saíremos as 9:00 da mañá das nosas escolas e voltaremos en torno das 18:30 da tarde.
- APIs de Blogue
XORNADA DE BIBLIOTECA 3º TRIMESTRE
Mañá mércores 24 de maio os nenos e nenas do CRA desprazarémonos ata Rianxo para desenvolver as actividades previstas para a xornada de Biblioteca deste terceiro trimestre. Asistiremos a unha representación teatral a cargo de Títeres Babaluva que nos presenta o seu espectáculo "Tita" e remataremos a xornada cunha visita á Biblioteca Pública
- APIs de Blogue
TARDES CON DANIEL
Este martes Daniel volve a estar convosco! A nosa Biblioteca abre as suas portas en horario habitual de 16:00 a 18:00 horas.
A profe Tamara de Quintáns vainos contar "Periplo atlántico" e xa que acaban de pasar as letras..faremos unha particular homenaxe á nosa terra! Animádevos a participar desta tarde en compaña dos libros!
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »