EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO 2017

 

           O vindeiro mércores 31 de maio as escolas do CRA de Rianxo emprenderemos unha aventura de mar e terra. Na nosa excursión de fin de curso deste ano visitaremos a Illa de Cortegada, pertencente ao Parque Nacional das Illas Atlánticas. A organización das actividades que levaremos a cabo neste espazo natural está a cargo de Arenaria: gozaremos todos xuntos dun día de lecer ao aire libre aprenderemos moitas cousas do noso entorno marítimo e da riqueza da nosa ría. Saíremos as 9:00 da mañá das nosas escolas e voltaremos en torno das 18:30 da tarde.