ANPA
PIONEIRAS
Por segundo ano consecutivo o noso centro celebrou o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, adicándolle a Sesión de Biblioteca e Música do 2º trimestre. Se ben o ano pasado nos centrabamos na figura da muller científica, este ano adicamos a sesión ás mulleres pioneiras. Dentro das diversas actividades desta xornada, dende a nosa ANPA Irmáns Insua organizouse un obradoiro de pintura onde os nosos nenos e nenas deron forma ás figuras destas mulleres que abriron camiño. Como colofón a esta xornada tan especial mañá, no Auditorio Municipal de Rianxo, inaugúrase a exposición PIONEIRAS, onde se expoñen as pezas que crearon os nosos nenos e nenas. Dende o CRA queremos dar as grazas a todas as persoas que fixeron isto posible e invitamos a todo o mundo a que se pase polo auditorio a ver a exposición.
- APIs de Blogue
PLANTANDO NO CAMPO DE SAN ANTÓN
A vindeira semana levaremos a cabo unha xornada de educación medioambiental onde nos desprazaremos ata o Campo de San Antón na parroquia de Leiro para realizar unha plantación de árbores. A actividade está organizada polo Equipo de Voz Natura do centro e conta coa colaboración da ANPA. Tamén aproveitaremos para facer unha visita ao muiño de Xosé María en Rial. A principios de semana concretaremos a data xa que estamos pendentes das previsións meteorolóxicas.
- APIs de Blogue
ACTIVIDADES MEDIOAMBIENTAIS CA ANPA
A Anpa Irmáns Insua do noso cole invitanos a realizar unha serie de actividades medioambientais relacionadas ca conservación do noso medio natural. Nos vindeiros días chegarán ás nosas escolas unhas caixiñas marabillosas que agochan un segredo cheo de vida:
Unha semente que imos plantar e coidar para ver como agroma e como nace unha árbore. A Anpa ten planificado organizar unha plantación con todas estas arboriñas criadas na escola dende o coidado, o respeto e o amor pola natureza. Tamén nos invita a ler o conto A árbore da escola que, ao igual que a caixiña, tamén chegará ás nas nosas escolas nos vindeiros días:
Nós coma sempre estaremos encantados e encantadas de sumarnos a esta iniciativa e traballaremos dende as nosas escolas para mellorar o noso entorno e por tanto as nosas vidas.
- APIs de Blogue
TARDES CON DANIEL
Hoxe a nosa biblioteca volve abrir as súas portas no seu horario habitual, ao redor das 17:00 h a profe Vero de Capela vainos contar Carabuñas.
Animádevos a participar
- APIs de Blogue
TARDES CON DANIEL
Hoxe pola tarde despois destas saborosas vacacións de Nadal o noso amigo Daniel volve convidarnos a pasar unha tarde divertida en compaña dos libros. A nosa biblioteca abre ás súas portas no seu horario habitual , e en torno ás cinco da tarde a profe Marién nos conta La gran fábrica da las palabras. Animádevos a participar
- APIs de Blogue
Pesentación guía de lectura do concello
Hoxe pola tarde como se nos indica no cartaz terá lugar a presentación da guía de lectura do concello, en representación do CRA de Rianxo asistirá a aula de Pazo Primaria. Os nosos nenos recitarán poemas da obra "Poemar o mar" de Antonio García Teijeiro.
Animádevos a participar!
- APIs de Blogue
Un contacontos especial
O martes 5 de decembro tivemos un contacontos moi especial. Iria, que foi alumna no C.R.A. realizou a sesión de contacontos coa axuda de María a nosa profesora da Escola Outeiro.
Aos nenos e ás nenas encantoulles o conto e a sesión de Biblioteca.
Moitas gracias Iria e María.
- APIs de Blogue
TARDES CON DANIEL
Este martes 7 de novembro a nosa biblioteca abre as súas portas de novo en horario de 16:-18:00 horas. Daniel invítanos a pasar unha tarde divertida lendo contos marabillosos. Ao redor das 17:00 h a profe María de Capela vainos contar o conto Os tres osos. Anímadevos a participar.
(No tríptico informativo da biblioteca para este primeiro trimestre anunciábasenos este contacontos para o día 14 de novembro, por problemas organizativos do centro tivemos que facer un cambio entre os días 7 e 14).
- APIs de Blogue
TARDES CON DANIEL
Este martes 31 de outubro, a Biblioteca de amigos e amigas de Daniel abre as súas portas para todos vos, dende as 16:00 ata as 18:00 h.As cinco a profe Tamara cóntanos "Corre corre cabaciña" Agardámosvos para pasar unha aterradora tarde de Samaín todos xuntos!
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »