2012-2013
SALÓN DO LIBRO
O DÍA 19 DE MARZO AS ESCOLAS DO CRA VIAXARON ATA A CIDADE DE PONTEVEDRA PARA VISITAR A DÉCIMO CUARTA EDICIÓN DO SALÓN DO LIBRO E ASISTIR A REPRESENTACIÓN DE "SEIS BARBUDOS", ESPECTÁCULO DE TEATRO E JAZZ.
ver
e a visita ó Salón da
- APIs de Blogue
ANDREA E O "CAMBESES"
A NOSA AMIGA ANDREA VEU DESTA VEZ Á ESCOLA A FALARNOS DO "CAMBESES", A MOTORA QUE TANTAS VECES LEVOU ÓS NOSOS AVÓS E BISAVÓS DE RIANXO A VILAGARCÍA.
ANDREA SABE MOITO DO CAMBESES PORQUE NOS ESTALEIROS DA SÚA FAMILIA FOI ONDE SE CONSTRUIU O BARCO. E SABE MÁIS AÍNDA PORQUE NO " BREA SEGADE", O COLEXIO ONDE ELA ESTUDA, ESTIVERON A INVESTIGAR SOBRE A MOTORA E COA INFORMACIÓN RECOLLIDA ELABORARON CATRO LIBROS E UNHA MAQUETA DO BARCO.
ANDREA CONVIDOUNOS A MIRAR ESTES TRABALLOS NO SALÓN DO LIBRO, EN PONTEVEDRA, QUE VEN SENDO UN PEIRAO ÓPTIMO PARA ATRACAR Ó NOVO CAMBESES.
A NOSA AMIGA FÍXONOS VER ADEMAIS A MAXIA QUE TEN "ORBIL", A MASCOTA DO SALÓN DO LIBRO, NO SEU NOME. QUE PASA SE O LEMOS DO REVÉS?
DO MAR
UN XABRÓN, UNHA GOMINOLA, UN MEDICAMENTO.
SON PRODUTOS QUE QUITAMOS DA CAIXA QUE NOS TROUXO YOLANDA E QUE ESTÁN ELABORADOS CON SUBSTANCIAS QUE PROVEÑEN DO MAR.
NÓS XA LEMBRABAMOS DO CURSO PASADO QUE COAS ALGAS SE PODEN ELABORAR XELATINAS, PERO NON SABIAMOS NADA DE MEDICINAS FEITAS CON CARTÍLAGO DE TIBURÓN OU DE BABOSAS MARIÑAS QUE PODEN CURAR O CANCRO !!
- APIs de Blogue
NEVE !!
DENDE UNHA VENTÁ DA ESCOLA VIMOS A NEVE.
A ABEL GUSTOULLE TANTO QUE QUIXO FACER UN CARTEL CO SEU COMPAÑEIRO ALEX PARA QUE O SOUBERA TODO O MUNDO.
A ABEL GUSTOULLE TANTO QUE, Ó DÍA SEGUINTE, Ó PRIMEIRO QUE FIXO NA ESCOLA FOI MIRAR POLA VENTÁ. PERO XA NON HABÍA NEVE!!
POR ISO DECIDIMOS POÑER ESTA NOVA. ASÍ PODEREMOLA VER CANDO QUEIRAMOS...
- APIs de Blogue
MENS SANA...
DICÍAN OS ROMANOS:
"MENS SANA IN CORPOREN SANO"
NÓS PODEMOS DICIR :
"MENTE SANA NUN CORPO SANO"
- APIs de Blogue
POLIDEPORTIVO
O Mércores 13 de Marzo achegámonos ata o polideportivo de Rianxo
para participar na sesión de educación física correspondente ao segundo trimestre.
Aproveitamos o desprazamento para visitar a Biblioteca do Concello
e fixemos moito deporte!
BIFAZ
"BIFAZ" SIGNIFICA DÚAS CARAS
COÑECIMOS ESTA PALABRA INVESTIGANDO O PALEOLÍTICO. REFÍRESE A UNHA FERRAMENTA DE PEDRA TRABALLADA POLAS DÚAS CARAS, PERO PENSAMOS QUE SI IMAXINARAMOS PERSOAS CON DÚAS CARAS, PODERÍAMOS PINTAR COMA PICASSO.
- APIs de Blogue
A "DIATECA"
DESPOIS DE VISITALA BIBLIOTECA MUNICIPAL
QUIXEMOS SABER DE DÓNDE PROCEDE A PALABRA "BIBLIOTECA":
VEN DO GREGO, BIBLIO=LIBRO E TECA=ARMARIO.
ASÍ, INVENTAMOS PALABRAS NOVAS CO SUFIXO "TECA"
UNHA DELAS FOI "DIATECA"
ADIVIÑADES O QUE SIGNIFICA?
MIRADE OS DEBUXOS
- APIs de Blogue
TEMOS QUE COIDAR O MAR
NA SEGUNDA SESIÓN DE ECOMAR
APRENDEMOS QUE ADEMAIS DOS PEIXES
HAI UNHA SERIE DE PRODUCTOS QUE TAMÉN
OS OBTEMOS DO MAR DE FORMA DIRECTA (ALGAS,SAL...),
OU ELABORANDO AS MATERIAS PRIMAS
(ALGAS, CARTÍLAGO DE TIBURÓN...):
COMO A XELATINA QUE TOMAMOS NAS MERENDAS
AS GOMINOLAS, MEDICAMENTOS...
TAMÉN NOS SORPRENDEU O XABÓN QUE SE FAI COAS ALGAS,
CANDO REMATAMOS A ACTIVIDADE LAVAMOS AS MANS CON ÉL,
QUE BEN ARRECENDIA!
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- …
- seguinte ›
- última »