2012-2013

DÍA MUNDIAL DA ÁRBORE E DA POESÍA

O 21 DE MARZO FESTEXAMOS O DÍA MUNDIAL DA ÁRBORE E O DÍA MUNDIAL DA POESÍA.

APROVEITANDO A SEMANA DA FROITA, INVESTIGAMOS SOBRE OS FRUTAIS QUE COÑECÍAMOS, OS SEUS NOMES, AS FROITAS QUE DABAN; ASÍ COMA OS FRUTAIS QUE SE ATOPABAN NA ESCOLA.

MACEIRA

 

 

MAZÁ

LIMOEIRO

LIMÓN

 

FALAMOS DA IMPORTANCIA DA NATUREZA NA NOSA VIDA E O SIMBOLIZAMOS PRANTANDO UNS GLADIOLOS NO XARDÍN.

FIXEMOS O BURATO, EMPREGANDO O SACHO

COLOCAMOS O BULBO, DENTRO DO BURATO PREVIAMENTE FEITO

CUBRIMOS BEN CON TERRA

REGAMOS A ZONA PRANTADA

ESTA CERCANÍA COA NATUREZA FÍXONOS LEMBRAR A UNHA ESCRITORA E POETISA CON FORTES RAÍCES COA NOSA TERRA GALEGA, ROSALÍA DE CASTRO. CONMEMORANDO ESTE DÍA, DECIDIMOS RECITAR O SEU POEMA: "ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES".

(PARA VER O VÍDEO HAI QUE PULSAR NO BOTÓN DEREITO - REPRODUCIR)

O SALÓN DO LIBRO

NA SÚA DÉCIMO SEXTA EDICIÓN, O SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA CONVIDOUNOS Á SÚA EXPOSICIÓN: "A TODA MÁQUINA". ALÍ DESCUBRIMOS MÁQUINAS ANTIGAS, MÁQUINAS MODERNAS E MÁQUINAS MÁXICAS QUE NOS FIXERON SOÑAR.

TAMÉN COÑECIMOS AOS 6 BARBUDOS QUE, AÍNDA QUE PARECÍAN MOI SERIOS, FIXÉRONNOS RIR E DANZAR COA SÚA MÚSICA DENDE AS NOSAS BUTACAS.


A SEMANA DA FROITA

A SEMANA PASADA TIVO LUGAR NA ESCOLA A SEGUNDA SEMANA DA FROITA

FESTEXAMOS O ANIVERSARIO DE BORJA FACENDO BROCHETAS DE FROITA

E TAMÉN PREPARAMOS ZUME DE MANDARINAS


A MALETA VIAXEIRA CHEGA A CASA DE YERAY

A MALETA VIAXEIRA DA ARQUEOLOXÍA CHEGA Á CASA DE YERAY

A NOSA FALA

 

ESTES ALUMNO/AS DO INSTITUTO FELIX MURIEL DE RIANXO VISITARON A NOSA ESCOLA

PARA CONTARNOS UN CONTO,

UN CONTO ESPECIAL QUE FALA DAS ORIXES DA NOSA LINGUA, O GALEGO

 

LOGO DE ESCOITALOS CONCLUIMOS QUE O NOSO GALEGO É MOI ESPECIAL XA QUE

SE FOI CONSTRUÍNDO CO LEGADO DE MOITOS POBOS IMPORTANTES QUE POR AQUÍ PASARON.

 

A PROFE JOSE!

O MESMO DÍA QUE ESPERÁBAMOS ANSIOSOS A CHEGADA DA PRIMAVERA,

TIVEMOS UNHA GRATA SORPRESA...

VISITOUNOS A PROFE JOSE, E, COMO NON, ALGO NOS TROUXO.

(HABEMOS DE ENSINALO CANDO O DEGUSTEMOS)

UN BICO PROFE JOSE E VEN CANDO QUEIRAS A XUNTA NÓS!

NÓS SOMOS MOITOS PARA IR VISITARCHE AO TEU NOVO COLE.

XA DEGUSTAMOS AS PASTAS QUE JOSE NOS TROUXO, ESTABAN RIQUÍSIMAS!!!




PARA OS NOSOS PAIS...

 

DEZAOITO BUFOS VOARON DA ESCOLA DE PAZO ÁS NOSAS CASAS

PARA LEMBRARLLE AOS NOSOS PAIS... CANTO LLE QUEREMOS!

 

 

Mirade como os fixemos:


IMOS Á BIBLIOTECA E AO POLIDEPORTIVO

NESTE SEGUNDO TRIMESTRE VISITAMOS A BIBLIOTECA DE RIANXO. ALÍ, SOFÍA, MOSTROUNOS A TIPOLOXÍA DOS CONTOS, A SÚA ORGANIZACIÓN NOS ESTANTES, OS RECUNCHOS DE LECTURA, ASÍ COMO FACERNOS SOCIOS E SOCIAS DA BIBLIOTECA.

DESPOIS FOMOS AO POLIDEPORTIVO ONDE NOS AGARDABA O MESTRE ÓSCAR CON UN MONTÓN DE XOGOS E ACTIVIDADES PARA PASALO "PIPA".

ANIVERSARIO AIDA

O 11 DE MARZO FESTEXAMOS O ANIVERSARIO DE AIDA CON DÚAS TORTAS FEITAS POR AIDA E A SÚA NAI!PARABÉNS AIDA, XA TES 5 ANOS!



Distribuir contido