2012-2013

MÁMOA Nº6 DOS CAMPIÑOS

MÁMOA Nº 6 DOS CAMPIÑOS. LEIRO

MÁMOAS

(DESPARZAMENTO DE  LOUSAS EMPREGANDO

TRONCOS DE ÁRBORES)

NA ESCOLA SOUBEMOS DA TÉCNICA DE CONSTRUCIÓN DUNHA MÁMOA , DAS DISTINTAS PARTES QUE SE PODEN DIFERENCIAR NELA

E DAS OFRENDAS E IDOLIÑOS QUE ACOMPAÑABAN ÓS MORTOS ALÍ ENTERRADOS

 

IDOLIÑOS DO DOLMEN DE DOMBATE

ECO-MAR

O PROXECTO "ECO-MAR" ESTÁ A DESENVOLVER NESTES DÍAS A SÚA SEGUNDA SESIÓN DE TRABALLO NAS AULAS PARTICIPANTES.

consulta o desenvolvemento da sesión na

Escola de Pazo

Escola de Cruceiro

Escola de Rañó

OS TESOUROS DAS MÁMOAS

PERDIDA A MEMORIA DOS TEMPOS, A MITOLOXÍA BUSCOU UNHA EXPLICACIÓN ÓS DOLMENES QUE SERVIRAN DE LUGAR DE ENTERRAMENTO DURANTE O NEOLÍTICO.

OS "MOUROS" PASARON A SER OS CONSTRUTORES DUNS LUGARES MÁXICOS QUE AGOCHABAN TESOUROS PROTEXIDOS POR ENORMES SERPES.
LUGARES QUE DESPERTARON A COBIZA DOS SAQUEADORES...

   
   
   
   

O XOGO DOS LADRÓNS DE MÁMOAS:

NEOLÍTICO

O NEOLÍTICO ( "PEDRA NOVA") É A ÚLTIMA DAS ETAPAS DA IDADE DE PEDRA.
DURANTE ESTE PERÍODO O  SAPIENS SAPIENS...

 

DOMESTICA ANIMAIS E INICIA A GANDEIRÍA

 

SEMENTA PLANTAS E INICIA A AGRICULTURA

CONSTRÚE ALDEAS E FAISE SEDENTARIO

ENTERRA ÓS MORTOS EN MONUMENTOS MEGALÍTICOS

ELABORA RECIPIENTES DE CERÁMICA PARA COCIÑAR E
GARDAR ALIMENTOS

  

TECE FIBRAS VEXETAIS, COMO O LIÑO, NOS PRIMEIROS TEARES

BIBLIOTECA MUNICIPAL E POLIDEPORTIVO

OS DÍAS 11, 12 E 13 DE MARZO AS ESCOLAS DO CRA REALIZARON UNHA VISITA A DOUS EDIFICIOS MUNICIPAIS: A BIBLIOTECA EO POLIDEPORTIVO.
SOFÍA E ÓSCAR FORON OS ENCARGADOS DE GUIARNOS NAS ACTIVIDADES QUE ALÍ REALIZAMOS

consulta a visita da

Escola de Pazo
Biblioteca   e  Polideportivo

Escola de Capela

Escola de Cruceiro

Escola de Rañó

2ª SESIÓN NO POLIDEPORTIVO DE RIANXO

E AQUÍ ESTAMOS PREPARADOS PARA UNHA SESIÓN DE EDUCACIÓN FÍSICA

CO PROFE ÓSCAR NO POLIDEPORTIVO DE RIANXO.


VISITAMOS A BIBLIOTECA MUNICIPAL

HOXE VISITAMOS A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE RIANXO.

SOFÍA ACOMPAÑOUNOS POLAS DISTINTAS DEPENDENCIAS DA BIBLIOTECA E RECORDOUNOS

AS NORMAS QUE NON PODEMOS ESQUECER NAS NOSAS PRÓXIMAS VISITAS, POIS SEGURO QUE IMOS VOLVER.

PARA REMATAR CONTOUNOS UN CONTO: UNHA CASA A MEDIDA


VISITA DE SABELA LAHUERTA AO CRA DE RIANXO

 

VISITA DE SABELA LAHUERTA AO CRA DE RIANXO
 Os/as profes das nosas crianzas mandáronnos unha invitación ás familias do Cra de Rianxo e tamén unha recomendación para que asistamos este mércores 13 a unha actividade que vai haber na sede de Asados. Aquí tendes a información:
Compañeiros, compañeiras e familias: 
mércores 13 de marzo na biblioteca do CRA (Asados), con horario de 16:00 a 18:30 h.
Nesa data recibiremos a visita de Sabela Lahuerta, mestra no CEIP de Vide (As Neves) que nos aportará as súas experiencias sobre a organización e xestión da biblioteca escolar dun CRA, no cal traballa moi directamente coas familias, tal e como recolle no seu blog: http://aldeatotal.blogspot.com/. Por suposto, unha vez máis as familias estades convidadas...
 Penso que estará moi ben para aprender a partir desta experiencia de colaboración entre escola-familias. Xa sabedes que estas cousas se organizan única e exclusivamente para mellorar a vida dos nosos fillos e fillas. 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

PERRUQUEIRA, PASTELEIRA, CAMAREIRA, CONTROLADORA DE MEXILLÓNS, OFICINISTA, AUXILIAR DE CLÍNICA,

MESTRA, DEPENDENTAS, AMAS DE CASA, OPERARIAS DE FÁBRICA....PERO POR ENRIBA DE TODO...

SON AS NOSAS MAMÁS.


PORQUE SEMPRE ESTÁN AO NOSO LADO,  PORQUE NOS QUEREN, PORQUE NOS COIDAN E

PORQUE FAN O QUE SEXA PARA QUE NON NOS FALTE NADA....

POR TODO ISO ADICAMOS O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER ÁS NOSAS MAMÁS E AVOAS.


Distribuir contido