2012-2013

NOS TAMÉN CONSTRUIMOS UN DOLMEN

 

AO IGUAL QUE OS NOSOS AMIGOS/AS DE PRIMARIA,

NÓS TAMÉN FIXEMOS UNS PEQUENOS DÓLMENES

CUNHAS PEDRAS QUE RECOLLEMOS DO NOSO PATIO.

UN PASEO POLAS CONSTRUCIÓNS MEGALÍTICAS E OS PETRÓGLIFOS

HELENA E AS CONSTRUCIÓNS MEGALÍTICAS - PETRÓGLIFOS EN LEIRO

AS TUMBAS "DOS CAMPIÑOS"

TUMBA 1: OS CAMPIÑOS

TUMBA 1: OS CAMPIÑOS

TUMBA 2: OS CAMPIÑOS

TUMBA 2: OS CAMPIÑOS

TUMBA 2: OS CAMPIÑOS

ENTRADA DA TUMBA 2

O FOXO DA VELLA

O FOXO DA VELLA

O FOXO DA VELLA

A LIOIRA PEQUENA

A LIOIRA PEQUENA

A LIOIRA PEQUENA

A LIOIRA PEQUENA

GRAZAS HELENA, PABLO, PILI E SANTI!

A MALETA VIAXEIRA CHEGA A CASA DE RAÚL

 

A MALETA VIAXEIRA DA ARQUEOLOXÍA COMEZOU A SÚA ANDAINA POLA CASA DE RAÚL,

CANTOS TESOUROS AGOCHABA!!! 


 


SAMUEL E A VIVENDA CASTREXA

SAMUEL TROUXO A CLASE UNHA VIVENDA CASTREXA

QUE FIXO CA SÚA NAI E CO SEU AVÓ.

EXPLICOUNOS OS PASOS QUE SEGUIRON PARA 

CONSTRUILA.

SELECCIONARON OS MATERIAS: PEDRAS, MASILLA,

PALLA, CAIXA DE CARTÓN, PAUS

E FIGURAS DECORATIVAS.

TRAZARON A CIRCUNFERENCIA NA CAIXA E COLOCARON

PEDRAS, UNHA ENRIBA DA OUTRA.

COLOCARON O TELLADO SOBRE AS PEDRAS APILADAS, 

SUXEITÁNDOO CUN PAU NO INTERIOR.

ELABORARON O POZO PARA ABASTECER DE AUGA O CASTRO.

A VIVENDA ACOMPAÑÁRONA DUNS PETRÓGLIFOS BEN FERMOSOS.

MOITAS GRAZAS SAMUEL E SALY!

O malvado Milisforo

 

 

 

 

Como cada ano na área de Relixión sempre adicamos unha unidade didáctica á familia. O concepto de familia que nun principio parece tan sinxelo e cercano, non é moi fácil de definir, se partimos de que  é algo que vai variando ao longo do tempo segundo vai variando tamén a sociedade na que as familias se integran. Pero existen uns "principios básicos" que comparten todas as familias do mundo. Uns principios que se atopan en todas as familias cristianas: o amor e o respeto que se teñen os membros que as compoñen. Da igual cantos membros teña cada familia, a que se adiquen ou o nivel social do que procedan, si algo iguala a todas as familias do mundo é o amor. Esto non é nada  novo porque  xa  é algo que promulgaba Xesús de Nazaret  fai máis de  dous mil anos, pero sí  é algo impedecedeiro: o amor é o pegamento que une ás familias, sí este pegamento fallase algún día  o mundo enteiro viríase abaixo... E os nenos e nenas de Relixión coñecemos a alguén que case o consigue, pero repetimos case... é  a historia dun home chamado Milisforo. Se queredes coñecela non deixedes de ler:

 

O MALVADO MILISFORO

(versión do nenos e nenas de Relixión do CRA de Rianxo do conto El Malvado Milisforo)

 

Había unha vez un home que se chamaba Milisforo que era tan malo que decidiu facerse o amo do mundo.

E por encima de ser moi malo era moi intelixente xa que era capaz de crear máquinas e robots increíbles aos que por suposto utilizou para os seus malvados plans:

 

  

 

    

O primeiro que fixo foi inventar unha poción que quitaba as gañas de traballar, envenenou a auga e conseguiu arruinar a todos porque ninguen tiña gañas de ir a traballar:

 

 

Despois se lle ocorreu envenenar o aire cun gas tan cheirento que lle quitaba as gañas a xente de estar xunta, polo que conseguiu que se cortaran as comunicacións, soltando o seu gas no aire que contaminou a atmósfera.

 

Estaba moi contento Milisforo cando se deu conta de que só lle faltaba acabar cunha cousa para dominar o mundo por completo: AS FAMILIAS

As familias seguían xuntas e unidas a pesares dos seus inventos, das súas máquinas e dos seus venenos. Así que conseguiu que escaseara a comida, incluso el mesmo llela roubaba ás familias, pero estas compartían o pouco que tiñan:

 

 

Como vía que as familias seguían unidas tamén intentou separalas encollendo as casas:

 

  

Pero aínda así as familias se arrumbaban no pouco espazo que lles quedaba pero seguían unidas:

Entón Milisforo descubriu cal era o grande segredo das familias : o amor e o respeto que se tiñan as persoas que as formaban , e por moitas maldades que lles fixera non conseguía destruilas, porque non existe nada capaz de destruir o amor.

Fastidiado e contrariado por non poder dominar o mundo por completo abandonou o seus plans e deixou que o mundo volvera á normalidade. As familias voltaron a vivir felices despois de derrotar a Milisforo únicamente coa forza do amor:

E tan deprimido acabou Milisforo que só se lle ocorreu ir a chorar a casa dos seus pais:

Os seus pais correron a darlle unha aperta , lle perdoaron as súas maldades e o animaron a que fose máis bo. E que ata na familia do malo, máis malo todos se queren e se perdoan todo. Non é unha sorte ter unha familia?

FIN

Bueno pois que vos parece  o noso conto? Como somos moitos non era posible meter na narración todos os debuxos que fixemos, así que  a continuación podedes ver o resto na galería de fotos. En cada debuxo hai unha frase que o explica, porque cada un de nós tiña que debuxar a parte do conto que máis lle gustara e despois contarlle a profe Celia o que debuxara. Ela apuntou o que nos lle fumos dicindo.

 Esperamos que vos guste moito o noso traballo. Moitos biquiños e... ata a próxima!

A FIGURA DO DRUIDA

Ao longo deste 2º trimestre os alumnos e alumnas de 2º de Primaria de Relixión do CRA de Rianxo seguimos coa nosa viaxe a través do tempo para coñecer a espiritualidade e as crenzas relixiosas dos nosos ancestros. A través dunha presentación de imaxes titulada "A relixión natural dos pobos celtas" nos adentramos no estudo das crenzas relixiosas dos antigos moradores dos castros.

Iniciamos o noso camiño centrándonos na figura do Druida:

Os druidas eran os guías espirituais das comunidades celtas, e aínda que se pensa que os habitantes dos castros compartían moitas das crenzas dos pobos celtas, non hai constancia histórica da presenza de druidas nos asentamentos galegos. Pero si é probable que pisaran as nosas terras como peregrinos hacia os lugares de Galiza que dentro da súa cultura eles tiñan por sagrados, como é o caso de  Finisterre ou do monte Pindo. Como homenaxe a esta figura pertencente ao mundo espiritual celta decidimos elaborar un retrato pintado con acuarela ao que lle agregamos uhna cartulina a modo de marco:

 

Os druidas ademáis de seren guías espirituais eran tamén grandes sabios e conselleiros. Coñecían os designios dos deuses, dominaban a menciña natural e se cría que tiñan dotes adivinatorias e máxicas, polo que a parte de seren moi respetados eran tamén considerados como seres misteriosos que gusataban de rondar polas fragas buscando os ingredientes para elaborar as súas pocións e ungüentos, así como para se xuntaren en torno aos carballos, a árbore sagrada da cultura celta:

 

             

 

O noso retrato é tamén unha homenaxe a un dos grandes comics da historia "Asterix". Como podedes ver  o noso retrato representa ao grande "Panoramix" o druida desta tan  especial comunidade gala. A continuación podedes ver o resultado desta actividade plástica na galería de imaxes:

 

 

Para todos aqueles que aínda non coñezades os cómics de Asterix este sería un bo momento para vos achegar ás súas páxinas, sobre todo os nenos de primaria, vos atoparedes cunha grata sorpresa.

PEZQUENIÑES NON GRAZAS

HOXE VISITÁRONNOS DÚAS OCEANÓGRAFAS (María e Yolanda)

PARA PRESENTARNOS O PROGRAMA ECO-MAR.

APRENDIMOS O IMPORTANTE QUE É FACER UN CONSUMO RESPONSABLE DOS PRODUCTOS MARIÑOS.

PARA ISO CONVERTÍMONOS EN VERDADEIROS MARIÑEIROS E MARIÑEIRAS, PESCANDO EN ALTA MAR.

QUE VARIEDADE DE PEIXES ATOPAMOS! SARDIÑAS, LINGUADOS, FANECAS... ISO SI, NON TODOS OS

PEIXES OS PODÍAMOS PESCAR, HABÍA QUE SABER CAL ERA A SÚA TALLA MÍNIMA;

E PARA CONTROLAR QUE SEGUÍRAMOS AS NORMAS, A INSPECTORA E MESTRA "YOLI" AXUDOUNOS A

VALORAR A NOSA CAPTURA, DEVOLVENDO AO MAR AOS "PEZQUEÑINES".

"Pezqueniñes non grazas, hai que deixalos medrar"

AQUÍ VOS DEIXAMOS UN ANUNCIO QUE NOS REMONTA A NOSA INFANCIA...

http://www.youtube.com/watch?v=vNejKes3EU4

FÓSILES DE NEANDERTAL

Ó TER DESCUBERTO NO INTERIOR DUNHA CAVERNA O QUE PARECÍAN SER FÓSILES HUMANOS, RAPIDAMENTE TIVEMOS QUE FACER TRABALLOS DE
PALEOANTROPÓLOGOS
...

DESPOIS DE TER EN CONTA DISTINTOS INDICIOS, PODEMOS FORMULAR AS SEGUINTES HIPÓTESES SOBRE OS RESTOS HUMANOS, QUE APARECERON ASOCIADOS Ó CRANEO DUN OSO CAVERNARIO :

OS FÓSILES HUMANOS PERTENCEN A UN "HOME DE NENDERTAL", ESPECIE EXTINTA MOI PARECIDA Ó HOMO SAPIENS SAPIENS.

O NEANDERTAL E O OSO CAVERNARIO MORRERON DESPOIS DE TER UN ENFRONTAMENTO:
O HOME MORREU CUNHA GARNDE GARRA DE OSO CRAVADA NAS SÚAS COSTELAS E NO OSO VESE CON FACILIDADE UNHA PUNTA DE LANZA INCRUSTADA NASÚA CAVEIRA.

Distribuir contido