Articles

HIXIENE BUCODENTAL

A ANPA IRMÁNS ÍNSUA ORGANIZA UNHA SESIÓN DE EDUCACIÓN DA SAÚDE BUCODENTAL O VENRES 30 DE MAIO A PARTIR DAS 13:30 h NA ESCOLA DE CRUCEIRO

A SESIÓN ESTÁ DIRIXIDA A NENAS E NENOS DE 3 A 8 ANOS E SERÁ DESENVOLVIDA POR ESPECIALISTAS DA CLÍNICA DENTAL MARES

RECOLLIDA DE PRODUTOS DE LIMPEZA E ASEO

A ANPA IRMÁNS ÍNSUA DO CRA DE RIANXO COLABORA CO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE RIANXO NUNHA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE PRODUTOS DE LIMPEZA E HIXIENE

ADMISIÓN DE MATRÍCULA

 O PRAZO PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2014-2015 ESTARÁ ABERTO DENDE O DÍA 1 ATA O 20 DE MARZO

25 DE NOVEMBRO,STOP Á VIOLENCIA DE XÉNERO

 

 

25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA AVIOLENCIA DE XÉNERO

HOXE COÑECIMOS A MALALA, ESA NENA PAKISTANÍ QUE POR DEFENDER O SEU DEREITO DE IR Á ESCOLA FOI TIROTEADA POLOS TALIBÁNS, E ESTAMPAMOS AS NOSAS MANS LARANXAS PARA DICIR STOP Á VIOLENCIA DE XÉNERO PALABRA QUE APRENDIMOS HOXE E COMO DICÍA TAHIRA ,TEMOS QUE DEFENDER ÁS MULLERES E TAMÉN AS ÁRBORES, UNHA BOA ASOCIACIÓN. AMBAS RELACIONADAS COA VIDA E AMBAS AMEAZADAS.

 

 

XORNADA DE FOLGA

A folga convocada para o pasado día 24 de outubro no ensino público e concertado foi secundada no CRA de Rianxo polo 61,90 % do profesorado e o 91,54% do alumnado.

CLUB DE LECTURA DA ANPA

O CLUB DE LECTURA DA ANPA "IRMÁNS ÍNSUA" INICIOU AS SESIÓNS DO NOVO CURSO ESCOLAR CUNHA PROPOSTA NA QUE PUIDEMOS GOZAR DA LITERATURA E DUNHA AVENTUREIRA ANDAINA.

A ACTIVIDADE DESENVOLVEUSE O XOVES 10 DE OUTUBRO NA ESCOLA DE ABUÍN

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE MEDICAMENTOS

O CRA de Rianxo está a colaborar unha vez máis coa ONG "Solidariedade galega co pobo saharauí" nunha campaña de recollida de medicamentos para os campamentos de refuxiados en Tindouf.
As persoas interesadas en participar nesta iniciativa poderán consultar o listado de medicamentos obxecto de doazón nas distintas escolas

POLA CONTINUIDADE DA ESCOLA



No inicio deste novo curso escolar os pais e nais da escola de Vacariza manteñen a súa firmeza en reclamar á Consellería de Educación a apertura da escola, e a este obxecto acordaron desenvolver as seguintes accións:
1. Seguir asistindo cos seus fillos e fillas á escola de Vacariza. Os nenos e nenas serán atendidos polos pais e nais.
2. Realizar unha concentración en Rianxo o sábado 14 ás 11:00h no Campo de Abaixo, diante do Concello.
3. Entrevistarse co Director Xeral de Centros o luns 16 de setembro.
4. Coordinar con todas as Asociacións de nais e pais dos centros de
ensino de Rianxo e coa "Asemblea pola defensa do ensino público da Barbanza" a difusión e apoio desta reivindicación.

O Claustro de mestres e mestras do CRA de Rianxo manifesta, unha vez máis, o seu apoio ás familias e veciños da escola de Vacariza

REUNIÓN COAS FAMILIAS DE NOVO INGRESO

O CRA DE RIANXO REALIZARÁ O MARTES 18 DE XUÑO UNHA REUNIÓN DE BENVIDA PARA TODAS AS FAMILIAS DO ALUMNADO QUE SE INCORPORARÁ Ó NOSO CENTRO NO VINDEIRO CURSO ESCOLAR 2013-2014.

O ENCONTRO TERÁ LUGAR NA SEDE DO CRA, EN ATALAIA, ASADOS, ÁS 18:30 HORAS

accede á benvida da ANPA Irmáns Ínsua

Relación alumnado admitido para o curso 2013/2014

Segundo se indica no Artigo 31 da Orde do 12 de marzo de 2013 este centro fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas para o vindeiro curso escolar 2013/2014.