Articles
PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2015-16
Coa apertura de prazos para reserva nos centros adscritos iniciase o proceso de admisión do alumnado para o curso 15-16
Pronto se darán indicacións para a solicitude de admisión no C.R.A. de Rianxo que en todo caso comezará a partir do día 15 de febreiro.
- APIs de Blogue
Censo Nais, Pais e Titores curso 2014-15
Nos arquivos anexos publicamos o censo de nais, pais e titores do CRA para a súa revisión e o modelo para realizar as reclamacións oportunas
O prazo de reclamacións remata o 17 de novembro.
- APIs de Blogue
FAMILIAS DO ALUMNADO DE NOVO INGRESO
O CRA DE RIANXO REALIZOU O XOVES 21 DE XUÑO UNHA REUNIÓN DE BENVIDA PARA TODAS AS FAMILIAS DO ALUMNADO QUE SE INCORPORARÁ Ó NOSO CENTRO NO VINDEIRO CURSO ESCOLAR 2012-2013.
O ENCONTRO REALIZOUSE NA SEDE DO CRA, EN ATALAIA, ASADOS, ÁS 19 HORAS
- APIs de Blogue
RECOLLIDA DE ALIMENTOS
A ONG SOLIDARIEDADE GALEGA CO POBO SAHARAUI EXPRÉSANOS A SÚA GRATITUDE POLA RESPOSTA DADA EN RIANXO Á CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS PARA OS REFUXIADOS SAHARAUIS.
OS ALIMENTOS FORON RECOLLIDOS EN DISTINTAS ESCOLAS DO CRA DE RIANXO E EN VARIOS SUPERMERCADOS DO CONCELLO.
- APIs de Blogue
AXUDAS POR FILLOS/AS MENORES
No D.O.G. De 15 de febreiro de 2011, a Consellería de Traballo e Benestar, publica a orde de 30 de decembro pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de prestación económica de pagamento único para os fillos/as menores de tres anos para o ano 2011
PERSOAS BENEFICIARIAS:
Aquelas persoas que teñan fillos/as menores de tres anos á data de 1 de xaneiro de 2011, e que por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2009, nin elas nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración polo imposto sobre a renda das persoas físicas.
REQUISITOS:
Ter a residencia habitual en Galicia.
Convivir cos menores
TIPO DE AXUDA:
360 euros por cada fillo menor de tres anos.
SOLICITUDE E DOCUMENTACIÓN:
A solicitude formalizarase no modelo oficial
Acompañarase da seguinte documentación:
Fotocopia do libro de familia de dada un dos/das fillas menores
Certificado de empadroamento da unidade familiar
De ser o caso: copia de sentencia de separación, nulidade, adopción …
Fotocopia da cartilla de aforros na cal figure no número de conta na que se desexa se ingrese a axuda.
Declaración de conxunto de todas as axudas concedidas ou solicitadas.
LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN:
O prazo será de 40 días naturais dende a publicación no DOGA. (Remata o 28 de marzo)
En Rianxo a 15 de febreiro de 2011
O equipo directivo do C.R.A. De Rianxo
- APIs de Blogue
EDUCÁNDONOS EN SAÚDE
A pesar do mal tempo, un bó grupo de pais, nais e mestres reuníronse na escola de Cruceiro ( Taragoña ) na tarde do venres 19 para falar do importante que é acadar unha alimentación saudable.
O interés amosado polos participantes fixo que a sesión se prolongase máis tempo do que nun principio estaba previsto.
- APIs de Blogue
ALIMENTACIÓN SAUDABLE
DENTRO DO PROGRAMA " EDUCACIÓN PARA A SAÚDE " QUE SE ESTÁ A DESENVOLVER EN TODAS AS AULAS DO C.R.A., O VENRES 19 DE NOVEMBRO REALIZARASE NA ESCOLA DE CRUCEIRO ÁS 18h. UNHA SESIÓN FORMATIVA DIRIXIDA A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA SOBRE
" NUTRICIÓN E HÁBITOS ALIMENTICIOS SAUDABLES "
A ACTIVIDADE, A SEGUNDA DESTAS CARACTERÍSTICAS QUE SE REALIZA, SERÁ NOVAMENTE CONDUCIDA POR GEMMA FERNÁNDEZ, MESTRA E NUTRICIONISTA.
FALANDO DE ALIMENTACIÓN
Membros da comunidade educativa do C.R.A. de Rianxo reuníronse na tarde do venres día 12 de outubro na escola de Rañó ( Leiro ) co obxecto de reflexionar sobre a necesidade de mellorar os nosos hábitos alimenticios, incidindo especialmente na importancia dunha alimentación saudable nos nosos pequenos.
O vindeiro venres realizarase unha nova charla na escola do Cruceiro, Taragoña.
- APIs de Blogue
HÁBITOS ALIMENTICIOS SAUDABLES
DENTRO DO PROGRAMA " EDUCACIÓN PARA A SAÚDE " QUE SE ESTÁ A DESENVOLVER EN TODAS AS AULAS DO C.R.A., O VINDEIRO VENRES 12 DE NOVEMBRO REALIZARASE NA ESCOLA DE RAÑÓ ÁS 18h. UNHA SESIÓN FORMATIVA DIRIXIDA A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA SOBRE
" NUTRICIÓN E HÁBITOS ALIMENTICIOS SAUDABLES "
A ACTIVIDADE SERÁ CONDUCIDA POR GEMMA FERNÁNDEZ, MESTRA E NUTRICIONISTA
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- seguinte ›
- última »