Articles
CURSO 2015-2016
O martes 1 de setembro comezan as actividades do curso 2015-16.
A presentación e inicio das actividades lectivas realizarase o xoves día 10 de setembro
As familias que necesiten comunicarse co centro antes do 10 de setembro, poden facelo na sede do C.R.A. de Rianxo na Atalaia - Asados, entre as 10:00 e as 13:00, prégase chamar previamente ao teléfono 981 863305.
A organización do profesorado para o día 1 de setembro será a que se indica a seguir:
- Reunión xeral ás 12:00 h. na sede do C.R.A. de Rianxo. As profesoras titoras deben antes pasar polas escolas.
- As profesoras de nova incorporación ao centro deben achegarse ás 11:00 h. á sede do C.R.A. para realizar a toma de posesión
Desexamos ás familias e aos alumnos e alumnas que o curso que comeza nos axude a todos e a todas a sermos máis solidarios/as e mellores persoas.
O PROFESORADO DO C.R.A. DE RIANXO
- APIs de Blogue
XORNADAS DE ACOLLEMENTO NOS CENTROS RECEPTORES
O ALUMNADO QUE CURSA O SEU DERRADEIRO ANO ACADÉMICO NO CRA DE RIANXO VAI REALIZAR NESTES DÍAS UNHA VISITA AOS CENTROS RECEPTORES PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR, O CEP "BREA SEGADE", DE TARAGOÑA, O CEIP "CASTELAO", DE RIANXO E O CEIP "ANA Mª DIEGUEZ", DE ASADOS.
navega polas páxinas web do
- APIs de Blogue
Contas ano 2014
O martes 27 de xaneiro o Consello Escolar do Centro avaliou as contas do C.R.A. de Rianxo, correspondentes ao ano 2014.
Nos arquivos anexos pódese consultar a conta presentada, e remitida á Xefatura Territorial da Consellería de Educación.
- APIs de Blogue
"TEMPO DE ACIVROS, TEMPO DE LIBROS" GUÍA DE LECTURAS DAS BIBLIOTECAS DO CONCELLO PARA ESTE NADAL.
AQUÍ VOS VAI CON MOITO AGARIMO, A GUÍA DE RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA ESTE NADAL, ELABORADA POR AS BIBLIOTECAS ESCOLARES DO CONCELLO E A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE RIANXO.
COS NOSOS MELLORES DESEXOS, BOAS FESTAS E BOAS LECTURAS!
O EQUIPO DE BIBLIOTECA DO CRA DE RIANXO.
- APIs de Blogue
RECOLLIDA SOLIDARIA
A Anpa "Irmáns Ínsua" , en colaboración coa Concellería de Servizos Sociais, promove unha nova campaña de recollida solidaria de produtos de hixiene e limpeza, xoguetes e libros en bo estado, roupa de inverno e alimentos non perecedoiros.
As donacións pódense entregar nas escolas ou na sede do Cra ata o xoves 18 de decembro.
- APIs de Blogue
RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR
Están convocadas as eleccións para a renovación do Consello escolar do noso centro.
O prazo para presentar candidaturas nos sectores de profesores, pais e nais de alumnado, e persoal de servizoa remata o día 18 de novembro. As votacións realizaranse na sede do Cra, na Atalaia, Asados, o martes día 25
- APIs de Blogue
ASEMBLEA EXTRAORDINARIO DA ANPA
A ANPA "Irmáns Ínsua" convoca ás familias a unha Asemblea extraordinaria a celebrar na sede do Cra en Atalaia, Asados, o xoves 16 de outubro ás 19 horas en primeira convocatoria e ás 19:30 en segunda convocatoria coa seguinte orde do día:
1. Designación das persoas representantes de cada escola
2. Elección da nova Xunta directiva
3. Rogos e preguntas
- APIs de Blogue
BECAS MUNICIPAIS CURSO 2014-2015
O CONCELLO DE RIANXO VEN DE CONVOCAR AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS E MATERIAL DIDÁCTICO PARA O CURSO 2014-2015.
PÓDESE ACCEDER AOS MODELOS DE SOLICITUDE NAS ESCOLAS DO CRA , NAS OFICINAS MUNICIPAIS OU NA WEB DO CONCELLO.
O PRAZO PARA SOLICITAR AS AXUDAS REMATA O DÍA 24 DE OUTUBRO
- APIs de Blogue
ASEMBLEA XERAL DA ANPA
O XOVES 2 DE OUTUBRO CELEBROUSE NA SEDE DO CRA, EN ATALAIA, ASADOS, A PRIMEIRA ASEMBLEA NO CURSO 2014-2015 DA ANPA "IRMÁNS ÍNSUA" .
ver a sección da Anpa neste portal
- APIs de Blogue
REUNIÓN INFORMATIVA
A ANPA "IRMÁNS ÍNSUA" CONVIDA ÁS FAMILIAS A ASISTIR, O XOVES 11 ÁS 20H. NA SEDE DO CRA, EN ATALAIA, RIANXO, A UNHA REUNIÓN INFORMATIVA SOBRE OS RECORTES NO ENSINO
ver a nova na sección da ANPA
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »