Boletins animacion lectora

"TEMPO DE ACIVROS, TEMPO DE LIBROS" GUÍA DE LECTURAS DAS BIBLIOTECAS DO CONCELLO PARA ESTE NADAL.

AQUÍ VOS VAI CON MOITO AGARIMO, A GUÍA DE RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA ESTE NADAL, ELABORADA POR AS BIBLIOTECAS ESCOLARES DO CONCELLO E A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE RIANXO.

COS NOSOS MELLORES DESEXOS, BOAS FESTAS E BOAS LECTURAS!

O EQUIPO DE BIBLIOTECA DO CRA DE RIANXO.

 

 

Unha experiencia con sabor a Colombia!

Os nen@s de Capela primaria e Cruceiro, traballaron co libro "Pratos do mundo" elaborando unha receita de Colombia. Fixeron unha riquísima ensalada de manga con laranxa nada menos!

Realizaron a tarefa entre todos e despois decidiron compartila e intercambiar os pratos entre escolas con moito agarimo. Foi unha experiencia moi bonita e divertida! Onte para finalizala, os nen@s de Capela primaria, foron ó auditorio a contar a relatar esta maravillosa experiencia na presentación de "Tempo de acivros, tempo de libros", a guía de lecturas do concello para este nadal! E fixérono como uns artistas!

Dende o CRA e o Equipo de Biblioteca, queremos agradecer a gran colaboración de tod@s os nen@s, mestres e mestras, pais e nais que puxéchedes o voso gran de area para facer todo isto posible!

Para tod@s vós, este pequeno vídeo recordo con sabor a manga colombiana!

 

Boletin de animación á lectura Decembro de 2011

Achégase o seguinte enlace para visualizar o arquivo en liña


Enlace para visualizar o boletín en liña


Tamén se pode descargar no arquivo anexo

Distribuir contido