Unha experiencia con sabor a Colombia!

Os nen@s de Capela primaria e Cruceiro, traballaron co libro "Pratos do mundo" elaborando unha receita de Colombia. Fixeron unha riquísima ensalada de manga con laranxa nada menos!

Realizaron a tarefa entre todos e despois decidiron compartila e intercambiar os pratos entre escolas con moito agarimo. Foi unha experiencia moi bonita e divertida! Onte para finalizala, os nen@s de Capela primaria, foron ó auditorio a contar a relatar esta maravillosa experiencia na presentación de "Tempo de acivros, tempo de libros", a guía de lecturas do concello para este nadal! E fixérono como uns artistas!

Dende o CRA e o Equipo de Biblioteca, queremos agradecer a gran colaboración de tod@s os nen@s, mestres e mestras, pais e nais que puxéchedes o voso gran de area para facer todo isto posible!

Para tod@s vós, este pequeno vídeo recordo con sabor a manga colombiana!

 

NOVAS EN CAPELA!!

Grazas por publicar algo!! Antes ca profe Ana entrabamos cada semana a ver os traballos, dun tempo para acá vai a coller telarañas! jijijiiji

Gracias a vós!

Gracias a vós por facer que esta experiencia nos deixara un bo sabor de boca a tod@s!
Foi un gran traballo, e que menos que compartilo con vós!

Saudiños con sabor de Colombia!


O profe Pablo.