Ahí vai a presentación coas fotos na piscina de Padrón. Agardo que vos gusten.
Volvemos outro día?
Ahí vai a presentación coas fotos na piscina de Padrón. Agardo que vos gusten.
Volvemos outro día?
Cando deixamos un ratiño de xogo libre a imaxinación fai xurdir miles de xogos. Vede un exemplo que xa non lembro como se chama. Preguntade aos protagonistas!
O venres 22 de marzo acudimos á piscina municipal de Padrón para tomar contacto coa auga.
O monitor Iago explícanos como funcionan as instalacións. Sabedes que nesta piscina caben aproximadamente 80.000 litros de auga? E como se quenta toda esta auga? Pois con paneis solares e caldeira de gasoil. Cantas cousas aprendemos!
Coas monitoras Inma, Nati e Begoña e as profes Ana, Luz, Marisol e Jose disfrutamos da actividade acuática.
Pasámolo fenomenal e quedáronnos gañas de volver. Moitas grazas a todo o persoal da piscina, que se portou moi ben con todos nós.
Agora non dispoño de máis fotos, estade atentos que á volta de vacacións colgaremos máis.
Boas festas de Pascua para tod@s!!!
TAREFAS LÚDICAS
1º.- Sempre hai que facer todo no menor tempo posible.
2º.- Escribe o teu nome na parte superior dereita desta folla e recuádrao.
3º.- Corre dunha canasta a outra mentras dis en voz alta o resultado desta operación: 7x4
...................................
16º.- Da unha aperta ao compañeiro que teñas máis lonxe.
17.- Conta do 1 ao 10 mentras te desprazas a gatas arredor do campo de baloncesto.
23º.- Senta e reláxate mentras pensas nas finalidades deste xogo.
Coa actividade de tarefas lúdicas traballamos a lectura comprensiva, a orientación espacial (no espazo e no papel), a interacción cos compañeir@s, a velocidade,... mentras pasamos un rato agradable e divertido cos nosos amig@s.
Imos mellorando, xa podemos ver os videos directamente. As instruccións anteriores quedan para os arquivos fotoflash que hai en páxinas anteriores.
Un saúdo e boas vacacións de Pascua!
Para poder ver os videos das anteriores novas hai que pinchar onde pon 1adxunto e logo pinchar de novo no nome do video. Non sei por que non se poden ver de forma directa.
As imaxes non son de calidade e o son deixa moito que desexar pero sonche dificultades das novas tecnoloxías. Intentaremos mellorar!!
Agardo que vos gusten.
Dentro do apartado de habilidades físicas artístico-expresivas traballamos o ritmo.
Pinchade no adxunto e mirade que marchosos estamos!!
sentímolo, flash non está dispoñible.
Representamos oficios e recuperamos xogos tradicionais:
Por aquí me vou, por aquí me veño
a casa de Mariquitiña, velaquí a teño
- Mariquitiña, que estás a facer?
- Estou amasando o pan,...
Quen lembra como remata o xogo?
Cos panos de cores representamos a danza Cabalos e bolboretas
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |