Convocadas probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2018
Novas
A NOSA VIAXE: A VOLTA AO MUNDO!!!
Os alumnos e alumnas de 4º comezamos unha viaxe arredor do mundo, acompañados de Phileas Fogg e do libro de Xulio Verne "A volta ao mundo en 80 días", do que o noso amigo Fogg é o protagonista.
E como en calquera viaxe, o primeiro paso foi facer un pasaporte. Non queremos ter problemas coa lei!
E unha vez que xa temos todo...COMEZAMOS A VIAXE!
NORMAS PARA AS AULAS ABALAR
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
CPI Eusebio Lorenzo Baleirón
NORMATIVA DE USO, GUÍA DE MANTEMENTO E COIDADO DO ULTRAPORTÁTIL E DOS ELEMENTOS DA AULA ABALAR:
O alumnado ao que vai dirixido deberá cumprir e respectar en todo momento esta normativa de uso , sabendo que o incumprimento da mesma acarreará, ademais da perda dos privilexios de uso, calquera das sancións que se establecen no Regulamento de Réxime interno e mesmo sancións económicas se chegara o caso.
As sancións que se poderán contemplar, en función da gravidade da falta ou incumprimento da normativa serán, entre outras, as que a continuación se sinalan:
- Unha sanción económica que se determinará en cada caso tendo en conta a natureza e gravidade do desperfecto causado.
- Calquera outra aprobada polo Consello Escolar e que se inclua no R.R.I do centro.
O uso dos equipos informáticos está suxeito á seguinte normativa:
1. Antes de coller o portátil do armario de carga, os alumnos
deixarán as súas mesas libres.
2. Cada alumno recollerá o portátil do armario de carga por orde para facilitar a identificación do ultraportátil que lle corresponde. En ningún caso se acudirá ao armario en grupos para evitar aglomeracións que deriven en posibles caídas dos equipos.
3. Sempre se collerá o ultraportátil coas dúas mans.
4. Cada ultraportátil será de uso exclusivo de cada alumno que será responsable do mesmo. O ultraportátil levará unha etiqueta identificativa co obxecto de determina-lo usuario.
5. O alumnado non acenderá o ultraportátil ata recibir a orde expresa do profesor/a.
6. Non se colocarán obxectos de ningunha clase sobre o ultraportátil.
7. Cando o profesor teña que interromper o traballo do alumnado para dar unha explicación, baixaranse as tapas dos ultraportátiles sen chegar a pechalos de xeito que non entren en estado de suspensión.
8. Cada alumno/a terá un nome de usuario/a co seu contrasinal respectivo co fin de facilitar o rexistro da súa actividade.
9. Cada alumno/a será responsable do correcto mantemento do escritorio, carpetas e arquivos da súa conta.
10. Cada alumno/a será responsable de gardar o traballo e de apagar correctamente o ultraportátil ao finalizar a clase.
11. O alumnado devolverá o ultraportátil ao lugar que lle corresponde asegurándose de que queda conectado ao cargador. Irá por orde evitando aglomeracións.
12. Está prohibido sacar o equipo da aula.
13. Para gardar o seu traballo cada alumno debe dispor dun lapis de memoria que funcionará a xeito de mochila electrónica.
14.Cada alumno/a recibirá un contrasinal de uso que non deberá facilitarlle a ninguén, sendo a súa responsabilidade mantelo en segredo.
15. Cando se produza unha incidencia no manexo do portátil e o alumno/a precise axuda do profesor, procurará non interromper o traballo nin as explicacións que nese momento se estean a desenvolver na aula de clase.
16. A utilización da conta doutra persoa estará suxeita ás sancións disciplinarias establecidas no Regulamento de Réxime Interno.
17. Calquera intento de danar equipos, materiais, datos ou programas, será sancionado polo Regulamento de Réxime Interno do Centro. O vandalismo terá como consecuencia a obriga de reposición dos costos orixinados pola reparación do hardware, software, ou sistema e ás sancións previstas no RRI.
18. Están prohibidos os intentos de ver, copiar, modificar ou interferir o correo electrónico ou os ficheiros doutros usuarios. O incumprimento desta norma será obxecto das sanción disciplinarias que se contemplan no Regulamento de Rexime Interior do centro
19. O alumnado non poderá acceder a páxinas web non autorizadas polo profesor/a.
20. Cando o ultraportátil dun alumno estea avariado, deberá de seguirse a clase con outro compañeiro.
21. As avarías provocadas non están cubertas pola garantía, polo que se o servicio técnico comproba que a avaría non foi fortuíta, será o alumno o que terá que pagar o custe da mesma.
5.- DIRECTRICES E PROCEDEMENTOS ADMINISTRATIVOS
O usuario/a que viole as directrices e os procedementos administrativos, estará suxeito/a á suspensión temporal ou definitiva dos seus dereitos de utilización do ultraportátil e da rede/sistema, e estará suxeito/a ás correspondentes sancións disciplinarias, recollidas no Regulamento de Réxime Interno ou nos procedementos legais oportunos.
O ULTRAPORTÁTIL É UN INSTRUMENTO DE TRABALLO ESCOLAR Ó QUE SE TEN ACCESO POLO FEITO DE PARTICIPAR NO PROXECTO ABALAR.
O ALUMNADO E OS SEUS PAIS OU TITORES LEGAIS ADMITEN DENDE UN PRINCIPIO AS NORMAS ESTABLECIDAS PARA O SEU USO E, QUE O INCLUMPRIMENTO DAS MESMAS, PODE SER OBXECTO DALGÚN TIPO DE SANCIÓN.
AS SANCIÓNS QUE SE PODERÁN CONTEMPLAR, EN FUNCIÓN DA GRAVIDADE DO INCLUMPRIMENTO SON:
• UNHA SANCIÓN ECONÓMICA QUE SE DETERMINARÁ EN CADA CASO TENDO EN CONTA A NATUREZA E GRAVIDADE DA DESPERFECTO CAUSADO.
• CALQUERA OUTRA APROBADA POLO CONSELLO ESCOLAR E QUE SE INCLUA NO NOF DO CENTRO.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10