REMATA O CURSO.....

O venres día 19 de xuño celebraremos o Día de Portas Abertas. A partires das 10 da mañán e ata as 12:30 familias e demais membros da comunidade educativa están invitados a facer un percorrido polo noso centro para ver algúns dos traballos realizados ao longo deste curso polo alumnado de primaria e de secundaria relacionados co Proxecto de Centro "Ecoescola". En cada un dos expositores haberá alumnos acompañados dun profesor que explicarán o desenvolvemento do proxecto en cuestión. Ás 11:30, un grupo de alumnos de secundaria amenizará o evento cunha actuación musical.

Esperamos contar co vosa compañía!!!!!

ABANDONO!!!!!

Atopados esta mañán no patio do colexio, dous machos e unha femia. Alguén pouco responsable deixounos nunha caixa. As campañas que levamos a cabo durante varios anos sobre maltrato e abandono animal intentan concienciar á poboación para evitar cousas como estas. En concreto a do presente curso fai fincapé na necesidade de adoptar no canto de comprar e, moi especialmente, na obriga de esterilizar ás femias para evitar casos de abandono coma o de hoxe.

RECORDADE: ESTERILIZAR ANTES DE ABANDONAR.

Se alguén responsable está disposto adoptar e coidar dalgún deles, por favor chamen ao 981802205. Grazas.

PROXECTOS DE TECNOLOXÍA 2014-15

Entrando en "Departamentos-Tecnoloxía" podedes ver algunhas fotos das maquetas e proxectos realizados polos alumnos de 2º, 3º e 4º de ESO na materia de Tecnoloxía. Esperamos que sexan do voso agrado!!

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA

A asociación AMIPA  do Centro Ocupacional de Sorribas presenta a exposición "Miradas que falan" composta por unha serie de fotografías realizadas por Esteban de la Iglesia nas que podemos ver a actores e actrices de Galiza ao carón de homes e mulleres con discapacidade intelectual. Esta exposición pode visitarse na Casa Museo de Rosalía de Castro en Padrón.

OBSOLESCENCIA PROGRAMADA

Con relación ao Proxecto de Centro do presente curso, o Departamento de Tecnoloxía anímavos a que vexades o documental "Comprar, tirar, comprar. La historia secreta de la obsolescencia programada", que trata sobre a durabilidade dos produtos que se comercializan.

Como é posible que en 1911 unha bombilla tivera unha duración de 2500 horas e cen anos despois a súa vida útil sexa reducida á metade?. É compatible un sistema de produción infinito sen consecuencias para o planeta?.

O documental, dirixido por Cosima Dannoritzer e coproducido por Televisión Española, aporta probas documentais dunha práctica empresarial que consiste en limitar a vida útil dun produto para fomentar o seu consumo producindo consecuencias desastrosas para o medio ambiente, e aporta opinións de economistas, deseñadores e intelectuais ao tempo que propón vías alternativas para a economía dos consumidores e o coidado do planeta.

 

MODIFICANDO HÁBITAT

No enlace podedes ver un fermoso vídeo sobre como a introdución dunha nova especie pode modificar, non só a fauna do lugar, senon tamén a súa forma e hábitat.

COLABOREMOS NA PROTECIÓN DO ÁRTICO!!!!

No apartado do Plan Proxecta deste curso poderedes acceder ao enlace para ver un vídeo realizado por Greenpeace no que teredes a oportunidade de asinar solicitando a proteción do Ártico. Grazas polo voso interese e colaboración.

AI MEU GHATO

Videoclip realizado polos alumnos de 4º ESO en música e plástica.

CONTEDOR MUNISIPAL


Videoclip realizado polos alumnos de 3º ESO en música e plástica.

PRAZO MATRÍCULA BACHARELATO

RECORDÁMOSLLES ÁS FAMILIAS QUE O PRAZO DE MATRÍCULA PARA O BACHARELATO REMATA O LUNS DíA 23 DE MARZO.

O prazo para realizar a matrícula para ciclos formativos de grao medio será en xuño. Manterémoslles informados.

Powered by Drupal - Design by artinet