No enlace poden acceder á medidas de prevención específicas pola evolución do Covid-19 publicadas pola Consellería o 26 de xaneiro de 2021:
IOGA BILINGÜE NA AULA DE 3º
Agradecemos hoxe a colaboración da teacher Merchy, que nos acompañou no pavillón nunha nova sesión de ioga en lingua inglesa co alumnado de 3º.
We recommend you practise yoga at home because it is very relaxing and entertaining. We can have a lot of fun with this activity. Try! You can do it!
CONTINUAMOS COS LABORES DE LIMPEZA E MANTEMENTO
Ao longo desta semana continuamos cos labores de limpeza e mantemento dos nosos hortos. Imos saíndo por grupos, aproveitando o bo tempo, para arrancar malas herbas, remover a terra e comprobar os efectos do frío e das xiadas.
Mirade o traballo que temos por diante...
E que ben locen as plantas e agradecen os coidados que lles prestamos:
Agardaremos a que mellore o tempo e veña o caloriño para que medren.
LABORES DE MANTEMENTO
Pese ao frío, saímos ao horto a realizar labores de mantemento. Arrancamos malas herbas e removemos un pouquiño a terra.
Iso si, ben abrigadiños e gozando do sol que nos acompaña estes días.
BO NADAL
Este curso máis que nunca queremos desexar a toda a comunidade educativa un moi bo Nadal e unha entrada de ano que nos permita ir, pouco a pouco, recuperando a normalidade nas nosas vidas que tanto precisamos.
O alumnado de 1º de ESO e de 5º de EP é o encargado de trasladar estes bos desexos cuns preciosos vídeos:
Desexamos que o desfruten.
BO NADAL
IOGA BILINGÜE
O alumnado de 1º e 2º de Primaria participou hoxe nunha actividade de ioga en Galician/English. A sesión levouse a cabo no pavillón do cole coas profes Merchy e Jose. Ambientada a clase cunha música relaxante (a very relaxing music), practicamos a respiración consciente (conscious breathing), o saúdo ao sol (the sun salutation) e diferentes posturas (poses) relacionadas cos animais e a natureza (animals and nature): can (downward-facing dog), gato (happy and angry cat), bolboreta (butterfly), xirafa (giraffe), flamenco (flamingo), cobra, árbore (tree), montaña (mountain),...
Aquí nos tendes, moi atentos ás indicacións das profes:
NADAL
Desde o Departamento de Educación Física desexámosvos a tod@s un feliz e deportivo Nadal!
BOAS FESTAS
Agradecemos aos alumn@s de 3ºESO-A o deseño e elaboración da nosa árbore de Nadal: Alex, María, Daniel, ...
DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
Hoxe, día 3 de decembro, conmemoramos o Día Internacional das Persoas con Discapacidade con xogos no patio non só para o alumnado de primaria, tamén participou secundaria. Houbo xogos variados e música. Foi un ratiño especial e diferente no que poder esquecer a presión á que nos ten sometid@s esta difícil situación sanitaria. Combatiremos, TODO@S UNID@S, o coronavirus con doses de ledicia e xogo!!
Coma sempre, grazas AMICOS pola vosa axuda!!
25 DE NOVEMBRO
Conmemoramos o Día Internacional Contra a Violencia Cara as Mulleres creando unha fermosa exposición cos nosos corazóns violetas. O alumnado de todo o centro recortou corazóns de cor violeta nos que escribiron poemas relacionados co tema que se conmemora este día.
Os corazóns de tod@s foron colgados no espazo do patio de primaria onde xa, noutros cursos, realizáramos outras exposicións ao respecto da igualdade.
Ademais disto, o alumnado e profesorado novo atravesou a porta violeta colocando unha foto de cada un deles.
Tamén puxemos as máscaras e camisetas co lema DODRO EN NEGRO que nos enviou o Concello para compartir con eles esta conmemoración.
Finalmente, cada grupo, visitou a exposición facendo unha reflexión sobre o tema tratado na mesma.
LIBROS PARA SALVAR O PLANETA
No mes da ciencia nas bibliotecas queremos presentarvos as recomendacions lectoras de Galix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil):
EMERXENCIA LITERARIA. LIBROS PARA SALVAR O PLANETA
Vivimos tempos de alarma, de emerxencia climática, un estado de cousas que derivan do maltrato á natureza, de vivir de costas a ela.
É salientable a fazaña de Greta Thunberg, a rapaza que comezou unha folga escolar polo clima cando tiña quince anos e foi recoñecida mundialmente. Isto fainos pensar que a rapazada vai ter que seguir asumindo responsabilidades pois, se as cousas non cambian, será a mocidade quen teña que converterse en activista na defensa do medio ambiente.
Necesitarán, para poder levalo a cabo, libros nos que apoiarse, historias que lles axuden a espertar, a decatarse de que é necesario actuar para que ninguén acabe co seu mundo.
Os libros están aquí, veñen dereitiños a atender a urxencia, porque tamén eles queren salvar o planeta.
No enlace podedes acceder á páxina de "O Salón" onde podedes descargar a bibliografía, unha chea de títulos que seguro van ser atractivos para vós:
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »