No enlace podedes acceder á memoria final do centro deste curso 2015-16
NORABOA
O noso profesor de Lingua Galega Carlos Negro é o gañador do XVI premio de poesía Fiz Vergara Vilariño, premio que acada pola súa obra Tundra .
Tal e como se publica n apáxina web da Agrupación cultural Ergueitos de Sárria "esta obra explora as marxes da linguaxe e os lindeiros da significación, contendo a experiencia do frío e o silencio da tundra, trasunto da serra do Candán, poñendo e relación a “lingua da gándara” coa experiencia poética".
NORABOA CARLOS!!!!
CAMPAÑA 2015-16
Aquí tedes os carteis da campaña deste ano contra maltrato e abandono animal. A idea e o lema foi cousa do alumnado de 4º de ESO. As fotos foron tomadas por fotógrafos de La Diapo e a ilustración do cartel por J. L. Estévez, o gran "Huracán Estévez".
CAMPAÑA 2015-2016 CONTRA MALTRATO E ABANDONO ANIMAL
Na sección de Plan Proxecta 2015-16, En Rede de Centros Escolares Solidarios poderedes ver as actividades levadas a cabo no noso centro. Esperamos que vos gusten!!!
AVISO
Recordamos que as clases do mércores pola tarde para o alumnado de Secundaria rematarán o día 31 de maio.
GRAZAS
PROA
Estimadas familias, as clases de apoio que se están a impartir os martes e xoves pola tarde (PROA) rematarán o día 15 de xuño. O último día, polo tanto, para o alumnado de Primaria será o martes día 14 e, para o alumnado de secundaria ampliarase o prazo ata o xoves 16 de maio debido a que aínda haberá exames finais.
Reciban un cordial saúdo
AXUDAS LIBROS DE TEXTO, FONDO DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR
Como novidade, este ano só haberá que cubrir un único formulario que estará a disposición dos interesados no despacho de administración do centro.
A data límite para entregalos cubertos é o 23 de xuño.
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioG0164-040516-0005_gl.pdf
Grazas e un saúdo
PLAN PROXECTA (RCES). ACTIVIDADES CO REFUXIO DE BANDO
O vindeiro venres día 13 de maio recibiremos a visita de persoal do Refuxio de Bando, xunto con algún dos animais que teñen ao seu coidado.
A charla será de 11:15 a 12:40 e tratará sobre os coidados médicos, de hixiene e trato aos animais e sobre o traballo que se realiza nestes centros e como adoptar/apadriñar, ser socio o acoller animais nas nosas vivendas.
Invitamos a toda a comunidade educativa a participar !!!!
CURSOS DE LINGUAS ESTRANXEIRAS PARA ALUMNADO (CUALE)
Convocatoria para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado (CUALE).
Podedes acceder á información no seguinte enlace:
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- …
- seguinte ›
- última »