Estudo do ciclo da auga polo alumnado de 1º de Educación Primaria (grupo A)
O alumnado de 1º A posa debaixo da representación do ciclo da auga que el mesmo elaborou
Estudo do ciclo da auga polo alumnado de 1º de Educación Primaria (grupo A)
O alumnado de 1º A posa debaixo da representación do ciclo da auga que el mesmo elaborou
Interesante exposición no edificio de Secundaria para coñecer os seres vivos do entorno do centro
Especies en perigo de extinción, vulnerables, invasoras...
¡Acercádevos!
¡Bótalle un vistazo ás actividades realizadas polo alumnado de primaria no laboratorio co motivo da celebracón da semana da auga!
(Apartado de "Primaria", 1º ciclo)
O alumnado de 1º A, 3º e 6º de Educación Primaria acudiu á piscina no día internacional da auga
Máis fotos no apartado de Educación Física de Educación Primaria
Informamos da convocatoria de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras para o verán. Pódense consultar as bases no DOG do venres 22 de marzo de 2013.
Trala deliberación do xurado, estes son os gañadores:
1º premio: "Círculos concéntricos"
Foto aportada por Anxo Susavila Otero (2º ESO)
2º premio: Histograma da autoestima do alumno
Foto cedida por Noemí Sóñora Mayo (4º ESO)
3º premio: A raiola
Foto aportada por Andrea González Romero (3º ESO)
Queremos agradecer a colaboración de todo o alumnado participante, e do xurado composto por Ana, Adriana, Carlos, Elena, Manuel Álvarez, Rafa e Xiao.
Parabéns a todos os gañadores que recibirán nuns días os seus agasallos!!!
Exposición das fotos aportadas polo alumnado
Como todos sabemos moitas veces temos pola casa medicamentos que xa non usamos e que poden ser reutilizados, neste caso polos animais do refuxio. Moitos medicamentos de humanos utilízanse para curar enfermidades nos cans e gatos por eso vos pedimos que botedes un vistazo ao voso botiquín por se podedes aportar algún. No seguinte enlace podedes ver qué tipos de medicamentos serían de utilidade.
Aqueles que tedes nenos pequenos intentade traer os medicamentos vós mesmos ou enviádeos por algún dos alumnos maiores!!!!!
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!!!!!!.
O alumnado do centro xuntouse no patio interior de primaria para conmemorar o 175 aniversario do seu nacemento
Momento da lectura dun poema
Rosalía de Castro naceu o 24 de febreiro de 1837.
O vindeiro venres 22 de febreiro, celebrarémos o 175 aniversario do seu nacemento coa lectura dalgúns dos seus poemas no patio interior de primaria ás 12:20.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |