EXAMES PROBA EXTRAORDINARIA SETEMBRO 2013

Xa se poden consultar os exames de setembro picando no enlace ou accedendo a Xefatura de Estudos- Calendario de Exames- Setembro.

Para calquera dúbida poden chamar ao 981 80 22 05

E CHEGOU O GRAN DÍA!!!

O acto central do festival foi a obra de teatro a cargo do alumnado de PDC que tivo moi boa acollida entre o público, e aproveitamos dende aquí, para felicitar aos actores pola súa performance

Outra actuación interesante, foi o concerto con aqueles instrumentos tan peculiares...

O acto finalizou sobre as 12:30 despois dun refrixerio que compartiron pais, nais, alumnado e profesorado

FELIZ VERÁN A TODOS!!!

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

O vindeiro venres 21 de xuño o centro organiza un pequeno festival para despedir o ano escolar. Entre as actividades previstas, cabe destacar unha actuación musical un tanto particular que se estaba hoxe a preparar... Observade os instrumentos...

Esperamos que pais e nais se acerquen para compartir co alumnado este último día do curso.

E ao finalizar, PINCHOS para todos!!!

NOVEDADES NA GALERÍA

Botádelle un vistazo á Galería, hai novas fotos da actividade de piragüísmo realizada polo alumnado de Primaria

Aquí vai unha foto dos intrépidos aventureiros

Tamén lle podedes botar un vistazo ao departamento de Educación Física de Primaria para ver unha interesante presentación...

NOTIFICACIÓN SOBRE AS CLASES DE REFORZO

 

Comunicámoslles que as clases de reforzo de secundaria pasarán a ser, durante o mes de xuño, os luns e os mércores de 16:00 a 18:00 horas e rematarán o día 19 de xuño.

As de primaria serán os martes e os mércores de 16:00 a 18:00 horas e rematarán o mércores día 12.

Reciban un cordial saúdo .

 

PREMIADOS NA CATEGORÍA DE POESÍA (EDUCACIÓN PRIMARIA)

Aquí vai a última foto correspondente aos premiados na categoría de "Poesía" (Educación Primaria)

¿Algún futuro poeta por aí?

Quen sabe...

ENTREGA DOS PREMIOS DAS LETRAS GALEGAS

O venres 24 de maio, levouse a cabo a entrega dos premios correspondentes ás Letras Galegas 2013

Na imaxe, momento do acto da entrega de premios

 

E aquí vai unha foto dos premiados na categoría de "Narrativa" (Educación Primaria)

Parabéns para Adalía, Ismael, Xiana, Sandra, María, Marta, Naiara, Sandro, Irene, Manuel, Antía, Daniel, Antía e Sabela

 

Estes son os premiados de Educación Secundaria, na categoría de "Narrativa"

Parabéns para Uxía, Paula, Isidro, Marcos, Sergio, Carlos e Noemí

 

Na categoría de "Poesía" (Educación Secundaria), estes son os premiados

Parabéns para Iria, Andrés, Lucía, Lucas, Antón, Alba e Martín

 

O Luns publicarase a foto dos premiados de "Poesía", Educación Primaria

II NOITE NA BIBLIOTECA

O pasado xoves 16 de maio, o LECRAS (Club de Lectura do CRA de Dodro) organizou a segunda edición da "Noite na Biblioteca", una iniciativa para achegar ao alumnado ao mundo da lectura

Levouse a cabo unha serie de lecturas e os peques durmiron esa noite entre andeis cheos de libros

ROTEIRO POLAS BRAÑAS

O alumnado da ESO foi de excursión polas brañas acompañado por Manuel Baleirón, un gran coñecedor da flora e da fauna do lugar

Na imaxe, Manuel Baleirón dando explicacións sobre o entorno das brañas

Máis arquivos en "Galería", "As Brañas"

AVISO IMPORTANTE!!!!

O exame de recuperación de Tecnoloxía de 2º de ESO queda aprazado para o martes día 28 de maio.

Grazas

Powered by Drupal - Design by artinet